El mes de abril llegará cargado de espectáculos para todos los públicos dentro de la programación de VigoCultura 2021. Danza, comedia, circo... la oferta será variada durante todos los fines de semana del mes que acaba de comenzar.

A continuación podrás ver toda la oferta de espectáculos que se celebrarán durante el mes de abril. Precios, horarios, días y vídeos de cada una de las obras de teatro que se representarán en el auditorio de Praza do Rei.

Teatro comedia: "SOS"

SÓS é unha reflexión, por veces cómica e por veces máis dramática, sobre a vellez, sobre a convivencia, e sobre a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida.

SÓS conta a historia de Fermín e Marcelino, dous homes octoxenarios que se ven obrigados polas circunstancias a compartir piso.

Os dous anciáns non se coñecen previamente, os dous teñen un carácter totalmente diferente, levaron vidas diferentes e teñen costumes e hábitos absolutamente diferentes, polo que a súa convivencia non vai ser fácil, aínda que non lles vai quedar máis remedio que aprender a tolerarse, porque a pesar de que hai moitas cousas que os separan, teñen algo moi importante que os une: os dous están sós e necesítanse mutuamente para saír adiante.

Circo familiar: "Esencial"

A historia desenvólvese en torno á simplicidade, ao esencial, como moitas veces as persoas esforzámonos por facer as cousas o mellor posible, da mellor maneira, confundindo isto coa complexidade do que estás a realizar, cando sen dúbida a maioría das veces a mellor decisión tamén é a decisión máis simple.

Estes conceptos aplicados a todos os aspectos do espectáculo, desde o movemento, a coreografía ou a técnica de circo, como sempre intentando conseguir facer o máis complexo para chegar á conclusión de que a primeira impresión era a máis axeitada.

Teatro: "A lingua das bolboretas"

O público será testemuño do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo) e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil. A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, vaise descubrindo paulatinamente ante o espectador a beleza daquelas realidades cotiás que pasan inadvertidas (como o mundo dos insectos), facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

7

Programación de VigoCultura 2021 en abril Alberto Blanco

Teatro familiar: "Onde viven os monstros"

O pequeno Max pasa o día facendo trasnadas. A súa nai, cansa desta situación, decide castigalo. Enfadado, Max viaxará ao marabilloso mundo onde viven os monstros, no que vivirá aventuras extraordinarias até converterse en rei. Unha tarefa máis difícil do que el pensaba.

Unha peza inspirada no clásico da literatura infantil, considerado o álbum ilustrado perfecto, que mestura fantasía e realidade por igual, trazando un fiel retrato da infancia.

Danza contemporánea: "Pink Unicorns"

 A nova creación de La Macana pon enriba do escenario ao propio Alexis co seu fillo de dezaseis anos. Un auténtico desafío que nos fará gozar das marabillas da relación pai e fillo, da pericia de cada un.

Danza familiar: "Nina Ninette"

Cartel del espectáculo "Nina Ninette"

Cartel del espectáculo "Nina Ninette"

Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sinte a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestión é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos é moi doado entrar pero ben complicado saír. Será que ela o consegue?

Nina Ninette é un conto iniciático que se inspira na estética do ballet triádico para danzar unha historia de beleza e rebeldía.

Danza: "Leira"

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os sulcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.