Exposicións

“A Imprenta”

Exposición con obras dos pintores Uxio López, Xaquín Chaves, Francisco Pazos, José Miguel Besada, Miguel Besada, Nano Besada e Carlos Álvarez Besada que pode verse na Sala Alicia Besada e na Sala Rosalía de Castro, da Galería de Arte Besada, que este ano espera expor máis dun milleiro de obras.

Ata finais de febreiro na Galería de Arte Besada, en O Grove.

Paco Leiro “Bronces”

As obras do escultor Paco Leiro voltan a ser protagonistas dunha exposición en Cambados. Nela amósanse as súas principais obras.

No Pazo de Torrado, en Cambados, ata o 4 de abril.

Cristina Villegas e Mantilla

Os pintores Cristina S. Villegas e Juan Carlos Mantilla amosan obras en óleo e lámina.

No espazo de Arte Cris S. Villegas da avenida Doutor Moreira Casal (Vilagarcía).

Museo da Salga e da Salazón.

O Museo da Salga ofrece a oportunidade de descubrir todo tipo de aparellos vencellados ó mar e ós diferentes tipos de captura e transformación.

En Punta Moreiras, O Grove.