O 11º aniversario da Eurocidade Tui-Valença celebrarase no Teatro Municipal de Tui o venres 10 de febreiro ás 20.30 h co concerto ‘24 caprichos fadistas’ da man do violinista portugués Eliseu Silva.

Unha oda á cultura portuguesa e unha homenaxe ao fado como patrimonio inmaterial da humanidade. Deste xeito, celebraranse os 240 anos do maior violinista de todos os tempos, Nicollo Paganini.

Compañía: Eliseu Silva.

Xénero: Música

Duración: 65’

Público: +8

Organiza: Eurocidade Tui-Valença