Famosos percorren a Galicia urbana en «A miña gran cidade» da TVG
Chelo García Cortés será mañá mércores (21.35 horas) a primeira anfitrioa do programa | Acepta o reto de amosar a un convidado sorpresa os principais atractivos de Ourense

Noelia Rey e Chelo García Cortés, durante o programa na cidade de Ourense. | FdV
REDACCIÓN
Conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes fora amosada a un convidado sorpresa e convecelo de quedar nela por uns días é a premisa da que parte o novo programa da Televisión de Galicia (TVG) A miña gran cidade, que a canle autonómica estrea mañá mércores, ás 21.35 horas.
En cada capítulo do espazo, o anfitrión contará con tan só 24 horas para convencer o seu convidado de que a súa cidade é o destino perfecto por descubrir e desfrutar. Pero cunha limitación: contará cun bono de só unha hora para facer todas as experiencias coas que sorprender o seu visitante.
Ao final da visita, a celebridade convidada deberá tomar unha decisión: quedará pola cidade ou collerá o billete de volta? A presentadora, Noelia Rey, supervisará en todo momento que os famosos non excedan o tempo límite estipulado, engadindo tensión e diversión a esta aventura.
Na estrea do programa da TVG, a xornalista Chelo García Cortés regresa á súa cidade natal, Ourense, para conquistar a un convidado sorpresa —neste caso un dos seguintes: Ana Peleteiro, José Manuel Parada, Carlota Corredera ou Belén Esteban— que deberá decidir se prolonga a súa estancia na cidade das Burgas.
Durante unha intensa hora, o espectador acompañará á xornalista e ao seu convidado nun emocionante percorrido polos recordos máis íntimos: os estudios de radio onde comezou a súa carreira profesional, o lugar onde coñeceu o seu primeiro amor, o río onde aprendeu a nadar co seu pai... Confesións inéditas, relatos de superación familiar e momentos entrañables que buscarán convencer ao visitante de quedar en Ourense.
A miña gran cidade amosa as cidades galegas a través da ollada persoal de grandes rostros da televisión, o deporte e a cultura. Produciránse encontros inesperados que vivirán momentos épicos e decisións sorprendentes nunha aposta única por ensinar a Galicia urbana dende a emoción e o humor.
- «Las primeras medidas para reducir las bajas laborales irán este mes. Estoy seguro de que bajarán las cifras»
- Una plantilla de 70 personas, entre ellos 30 socorristas, se ocupará este verano del parque acuático y complejo de Monterrei
- A juicio en Pontevedra por apropiarse de la herencia de 400.000 euros de su hijo de 10 años
- Qué mira un tribunal en una oposición de Educación: errores habituales y claves para defender la programación
- Los mejores MIR que llegan a Vigo: un optometrista que quiere ser oftalmólogo, el que estrena Dermatología y una historia de amor
- Entre dos mares: cuando los pescadores renuncian al legado familiar en busca de un futuro mejor
- Detenido en Vigo tras darle puñetazos a su pareja en plena calle y simular que la penetraba
- La ambiciosa transformación de la avenida de Madrid de Vigo alcanza uno de sus hitos: «Ahora empezará lo más visible»