Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

“A porta aberta” centrarase nos gardiáns da riqueza das linguas

O programa afonda hoxe (TVG2, 20.50 horas) na actualidade e o traballo da Asociación Galega de Profesionais da Traducción e da Interpretación

Beatriz Fariñas, Iria Taibo, María Reimóndez e Samuel Solleiro. Produccións Celta

A TVG2 emite hoxe, as 20.50 horas, un novo programa de “A porta aberta” , que conta nestsa ocasión a historia e actualidade da Asociación Galega de Profesionais da Traducción e da Interpretación, que preside Iria Taibo, O programa contará coa presencia de esta última e tamén cos testimonios da secretaria do colectivo, Beatriz Fariña, e dos socios Manuel Solleiro e María Reimóndez, esta última fundadora da agrupación.

Unha das riquezas da humanidade, como especie construtora da cultura, é a enorme variedade de linguas que hai no planeta. Son as linguas un tesouro cultural, pero tamén, ás veces, unha dificultade para entendernos. Podemos coñecer moitas linguas pero non todas. Para entender o que se escribe noutras linguas ou o que falan persoas con idiomas distintos aos nosos, cóntase cos traballadores que se agrupan na Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación.

Hai profesións ás que non lle prestamos atención, a non ser que un día as precisemos para algo concreto, pero que están facendo a súa labor de forma constante, e isto facilita o funcionamento da sociedade.

Esto último sucede coas tradutoras e intérpretes. O seu traballo tamén fai a vida de todos máis fácil. E sen darnos conta contribúen ao entendemento global e a coidar das singularidades máis valiosas de cada cultura.

As tradutoras e intérpretes expresan con paixón e sentimento as peculiaridades do seu traballo, como ven queda patente neste “A porta aberta” de hoxe.

O idioma galego, que defenden no exercicio da súa profesión é a orixe ao amor polas linguas destas profesionais. A partir do que significa unha lingua como a galega, que conxuga na súa historia o valor do literario e do popular e é fondamente sentimental, compréndese o valor concreto da lingua propia de cada pobo.

O espazo da segunda canle da Televisión de Galicia faise varias preguntas que trata de respostar na emisión de hoxe. Unha delas é en que falan as tradutoras e intérpretes que nos contaron a verdade da súa profesión? Poden falar en moi diversos idiomas, as que hoxe nos falaron fano en galego, e poden trasladar as súas palabras a moitos idiomas do mundo, e sexa cal sexa o idioma expresarán un sentimento único, un sentimento de fraternidade entre todos os habitantes do planeta. Son a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da interpretación.

O equipo de “A porta aberta” está liderado por X. H. Rivadulla Corcón, produtor executivo, director e guionista do espazo.

Compartir el artículo

stats