Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

“A porta aberta” centrarase no traballo de Cogami no mundo da discapacidade

Anxo Queiruga, Susi Pérez, Celso Álvarez e Rosa Gutiérrez. P.C.

O espazo “A porta aberta” mergúllase hoxe (TVG-2, 21.00 horas) no traballo e as inquedanzas da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), da man de Ánxo Queiruga, presidente deste colectivo; Rosa Gutérrez, directora de negocio en Galega de Economía Social (GES), matriz dun grupo de empresas de economía social participado por Cogami; Celso Álvarez, coordinador do centro de Cogami en Mos; e María Jesús Pérez, responsable da área xurídica desta confederación.

Somos todos persoas únicas e nas diferenzas de cada membro da sociedade está un enorme valor, unha riqueza, e todos unidos somos un colectivo poderoso para construír sociedades xustas, igualitarias e democráticas. Pero realmente é así? O potencial para que así sexa é real, pero non sempre se aproveita. As persoas con discapacidade aportan tamén a súa diferenza. E para que de verdade as diferenzas sexan un valor da sociedade trabállase en Cogami.

Existe un ámbito no que o traballo para a integración é central para que esta se traslade ao resto dos ámbitos da vida

decoration

No papel todos somos iguais na sociedade, pero na práctica diaria ás veces a igualdade non é doada de establecer. As desigualdades materiais saltan á vista. As cidades e os edificios non están suficientemente pensados para persoas con algunha discapacidade. As desigualdades derivadas das formas de pensar de cada un xa non son tan evidentes, pero é imprescindible derribar estas barreiras mentais, e isto será un beneficio para toda a sociedade, lograr unha mentalidade onde as diferenzas non determinen as nosas vidas.

Existe un ámbito no que o traballo para a integración é central para que esta se traslade ao resto dos ámbitos da vida. É no mundo laboral, no que ás persoas con discapacidade a súa ocupación lles vai aportar uns beneficios de enorme valor, trátase de acadar dúas cousas: a independencia económica e a autoestima. Por isto a cuestión do emprego para as persoas con discapacidade é fundamental no traballo que se desenvolve en Cogami.

Nisto todos temos que aportar. A discapacidade non é un problema persoal, será sempre un problema social mentres o conxunto da sociedade non tome conciencia de que a solución debe ter unha resposta global: a aceptación de que a discapacidade so é unha diferenza, na idea en que todos somos diferentes.

“A porta aberta” é unha produción encargada por TVG a Producións Celta, que está dirixida e escrita por X.H. Rivadulla Corcón.

Compartir el artículo

stats