Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

“A porta aberta” mergúllase na tarefa de Agapi e das productoras independentes

‘Creando a imaxe do país’ é o fío conductor do espazo que emite hoxe a TVG2, ás 21.30 horas

Xosé Lois, Gael Herrera, Felipe Lage e Uxía Caride, nun momento do programa de hoxe.

Xosé Lois, Gael Herrera, Felipe Lage e Uxía Caride, nun momento do programa de hoxe. / Produccións Celta

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Vigo

O programa “A porta aberta” cóntannos esta noite (TVG2, 21.30 horas) a historia e a actualidade da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). Felipe Laje, presidente deste colectivo e director de Zeitun Films; Xosé Lois Ledo, vicepresidente de Agapi e director de Nós Produtora Cinematográfica Galega; Gael Herrera, socia da asociación e produtora executiva en Tamboura Films; e Uxía Caride, xerente de Agapi, falarán do traballo e as inquedanzas neste sector. ‘Creando a imaxe do país’ é o fío conductor do espazo.

A imaxe que cada territorio con identidade cultural propia transmite ao mundo é de enorme relevancia no que reflicte ao audiovisual, tanto a través das producións de cine como da TV. Por isto se trata dunha industria cultural de importante transcendencia social. En Galicia a maioría das produtoras do sector agrúpanse en Agapi.

As dinámicas de traballo nas produtoras que a forman dependen do tipo de pezas que realizan, sexan de TV ou de cine. No sector televisivo a apertura da TVG deu orixe á expansión das produtoras deste sector, hoxe moi consolidado, pola propia dinámica da canle autonómica. No sector cinematográfico asistimos a un tempo crucial co nacemento do que se dá en chamar o novo cine galego, un feito transcende para a nosa cultura. O audiovisual goza dun gran atractivo social pero o que sucede fóra dos focos e detrás das cámaras supón un complexo traballo.

“A porta aberta” foi encargada por TVG a Producións Celta, e está dirixida e escrita por X. H. Rivadulla Corcón.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents