Ponte...nas ondas! recibiu o Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego- Lusófona 2022 en aRi[t]mar, nun evento celebrado en Compostela onde tamén se premiou a Xisco Feijóo polo seu álbum “Peixe”

Ponte... nas ondas! xusto acaba de ser recoñecido pola Unesco no Rexistro de Boas Prácticas co patrimonio inmaterial”. Na gala proxectouse un vídeo com diversos momentos da experiencia e interviu Esmeralda Carvalho e Santiago Veloso en representación do proxecto Esmeralda subliñou que “este premio é un incentivo máis para seguir traballando co alumnado porque Ponte...nas ondas! ten marcado a diferenza en moitas xeracións de mozos”.

Santiago Veloso destacou que o premio era “compartido aos dous lados da fronteira e tamén com moitos centros educativos, familias e persoas portadoras do patrimonio inmaterial” e finalizou cun verso de Guadi Galego, “mudamos fronteiras por pontes”.