“A porta aberta” dedica a súa emisión de hoxe á asociación viguesa Músicas ao Vivo
O programa emítese na TVG2, ás 21.30 horas

Manuel Alonso, Sheila Patricia, Najla Shami e Toño López, no programa. / Redacción
Redacción
A asociación Músicas ao Vivo é hoxe a protagonista da segunda entrega do programa A porta aberta, que se emite esta noite, ás 21.30 horas, na TVG2. O espazo, realizado para a canle autonómica por Producións Celta, achégase ata Vigo para coñecer o día a día deste colectivo de músicos que ten por obxectivo o desenvolvemento dunha estructura profesional que dé cobertura á actividade artística dos seus membros.
O xerente da asociación, Manuel Alonso, e os músicos Sheila Patricia, Najla Shami e Toño López serán os encargados de dar a coñecer os retos aos que se enfrenta a entidade no desempeño do seu labor, que aborda o reto de conxugar profesionais de disciplinas musicais ben distintas e con intereses tamén dispares.
Escrito e dirixido por X. H. Rivadulla Corcón, o programa amosa a realidade dun colectivo que, por enriba de todo, quere facer música, pero, ademáis, aportar algo á sociedade. Representa a máis de 500 socios e desde 2008 pon o seu empeño en dignificar a música en directo e o traballo dos músicos, parte fundamental do desenvolvemento cultural do país.
A porta aberta é un espazo de emisión diaria –de luns a venres–, e adica cada un dos seus episodios a unha entidade social concreta, tratando de abarcar ámbitos diversos e tamén de abranguer todo o territorio da comunidade.
Os capítulos ármanse en torno ao testemuño dos protagonistas. Membros, traballadores e beneficiarios dos colectivos son os encargados de dar a coñecer o labor que levan a cabo, a filosofía que sustenta a súa actividade e os valores que aportan á sociedade.
- Una profesora es expulsada de un instituto de Vigo por acoso al claustro
- Uno de los acusados por las coacciones a Jenni Hermoso reconoce que tuvo negocios con Rubiales
- Un vigués gana a su comunidad: le pagan íntegra una nueva galería aunque la deteriorada tenía 30 años
- Mediaset emite un comunicado sobre el futuro de 'Reacción en cadena' en Telecinco
- Descubren una fábrica clandestina y 142 kilos de tabaco de contrabando en Pontevedra
- Cinco santuarios de vértigo que quitan el hipo en el norte de Portugal
- Propuestas en donde más bate el mar en Bueu
- Cuatro años de cárcel para una mujer por abusar de un menor en Ourense: le pidió que mantuvieran la relación en secreto