A TVG emite hoxe unha nova entrega do programa “Imos navegando” no que ofrecerá un percorrido pola costa entre Portosín e O Grove. Nesta ocasión, a invitada é a actriz Silvia Fominaya que, acompañada do presentador Rubén Prieto, vivirá a bordo dun barco unha xornada unha aventura chea de anécdotas na que a protagonista contará en primeira persoa moitas cousas sobre a súa intensa vida.

Cunha longa traxectoria profesional, Fominaya foi un dos rostros máis coñecidos en España pola súas aparicións en programas, series de televisión ou campañas publicitarias. Tanto é así que aínda agora goza do carño e a populaidade do público non somentes a nivel nacional senón tamén en Galicia, onde reside dende hai máis de 15 anos. De feito, ten dous fillos nacidos na nosa terra.