Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Treixadura traerá a Vigo en maio o “Camiño longo” dos seus 30 anos

O Teatro Afundación marcará, o 21 de maio, o inicio da sua xira galega coa presentación do seu libro disco de 17 cancións e máis de 100 páxinas

Un concerto de Treixadura na Estrada, no ano 2019. | BERNABÉ / CRIS M.V.

Treixadura cumpliu os seus (primeiros) 30 anos de vida no 2020, mais tivo que vir unha pandemia para que o grupo parara por primeira vez os seus concertos e xiras. E non quedou outra que retrasar a saída do seu disco aniversario, “Camiño longo”, que sairá finalmente á venda a mediados de maio. A publicación deste novo traballo de Treixadura virá acompañada dunha xira de concertos que percorrerá toda Galicia e que comezará, o vindeiro 21 de maio, no Teatro Afundación de Vigo no que será a presentación ao seu público de “Camiño longo”.

30 anos de carreira, 30 de concertos, 30 de discos… “Camiño longo” é un libro disco que fai un percorrido artístico, visual e histórico da dilatada carreira de Treixadura, un dos grupos referentes da música galega que recolle a tradición e pon en valor a súa riqueza cultural. Estará conformado por 17 temas e máis de 100 páxinas da historia do grupo nas que se poden atopar fotos inéditas, momentos das súas gravacións, imaxes de concertos e moito máis da vida do conxunto.

A biografía musical repasará os trinta anos de existencia do grupo e o traballo discográfico recupera as melodías dos seus inicios para descubrir como lles acae a madurez e a experiencia aos temas máis emblemáticos. Unha vez máis, arroupado coa colaboración do sempre benquerido Coro da Agrupación Folklórica Cantigas e Agarimos.

“‘Camiño longo son 30 anos de carreira, e toda unha vida compatida con todo o noso público. 30 anos de emocións que embotellamos coa esperanza de que vos leven, coma a nós, a revivir momentos entrañables”, declaran os compoñentes de Treixadura.

Este novo traballo será o oitavo disco de Treixadura, un grupo recoñecido pola súa recuperación do patrimonio cultural galego e cun reto definido: achegar a música tradicional a un maior público, difundindo composicións propias e antigas que respectan a tradición.

Fieis ao compromiso co público, rescataron algunhas melodías aínda agochadas no substrato da cultura popular e crearon outras tantas para que a cadea de transmisión da música tradicional continuase viva. Buscaban pór en valor a música tradicional galega e aderezala cun son característico propio, según destacan fontes do colectivo musical.

Compartir el artículo

stats