A banda viguesa Uxía Lambona e a Banda Molona presentan unha nova canción, “Martiño peregrín”, coa que homenaxean o Camiño de Santiago.

Con ritmo, o grupo galego presenta a historia de Martiño, un peregrino especial que un día se lanza a facer a Ruta Xacobea.

A banda explica que se trata “dunha canción que quere ser unha ferramenta pedagóxica para os centros educativos, coa que as mestras e mestres poidan abordar a temática das peregrinacións, as distintas rutas Xacobeas e o significado cultural e social do Camiño. Precisamente, a letra céntrase no que aporta o Camiño de Santiago no crecemento persoal, na comunidade e solidariedade que se crea entre todos os camiñantes, xentes de todo o mundo que teñen unha meta común”.