A poesía audiovisual de Reixa, Romón e Avendaño enche o MARCO

Reixa, Romón e Avendaño, onte no MARCO.

Reixa, Romón e Avendaño, onte no MARCO. / Alba Villar

Preto de 150 persoas completaron onte o aforo do auditorio do MARCO para gozar do diálogo visual, poesía e videoarte do trío Rompente. Antón Reixa, Manolo Romón e Alberto Avendaño veñen de resucitar o grupo cultural que formaran alá polos oitenta e están de xira dentro da programación cultural do Xacobeo 2022 coa performance “Algo que levar á boca”, que nace do libro que presentaron este mesmo ano, “Que hostia din os rumorosos?”. A obra recolle as creacións literarias individuais e colectivas do grupo. Toda unha experiencia multisensorial e irreverente que conxuga a súa esencia.

Tracking Pixel Contents