Sinsal Museo do Mar desvela a súa segunda xornada de concertos
Actuarán Marco Mril, Nico Casal ou Verde Prato, entre outros na cidade de Vigo este mes

Jacobo Sutil, Vicente Caramés e Luis Campos (e-d), onte. | // SINSAL / REDACCIÓNREDACCIÓNREDACCIÓNREDACCIÓN
REDACCIÓN
Sinsal Museo do Mar, o ciclo de Sinsalaudio que se celebrará a partir de mañá sábado na cidade de Vigo e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21-22, desvelou onte os artistas que actuarán os días 20 e 21 deste mes.
Trátase de Nico Casal, Marco Maril, Verde Prato, rebe, Nacho.Faia.Lar e Adrian Timms son os nomes anunciados que se suman ao de Luísa Sobral que actúa mañá no Teatro Afundación.
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o co-director de Sinsalaudio, Luis Campos, visitaron co arquelógo Vicente Caramés as instalacións nas que se desenvolverán os concertos da fin de semana que vén.
O sábado 20, as actuacións desenvolversanse de 17.15 a 22.00 horas; mentras que na mañá do domingo 21 serán de 13.00 a 14.00 horas. As entradas para estas dúas xornadas xa están á venda en enterticket.es.
Segundo desvelou onte o festival, o recinto museístico contará con dous escenarios, situados nas salas Curiosidades científicas e Lonxa, nos que se sucederán os concertos ao longo da tarde.
Na primeira das salas, a máis pequena das dúas, terán lugar as actuacións en acústico do compositor e produtor británico residente en Vigo Adrian Timms e dunha das revelacións da escena actual: a poliédrica e hipnótica rebe.
A sala de maior capacidade, Lonxa, acollerá na tarde do sábado 20 os concertos do músico e artista sonoro Marco Maril, que presentará por primeira vez en Vigo o seu último disco, “15.11.18”, inspirado precisamente no Museo do Mar; Verde Prato, unha das máximas expoñentes da xeración de artistas que está a recuperar e reformular a tradición popular vasca da man de elementos electrónicos, debutará na cidade; e Nacho·Faia·Lar, o novo proxecto dos recoñecidos músicos Nacho Muñoz, Faia e Lar Legido. Ao día seguinte, ás 13.00 horas do día 21, o pianista e compositor galego de bandas sonoras Nico Casal ofrecerá o seu primeiro concerto na cidade olívica.
Haberá catro tipos de entradas: un bono para asistir a todos os concertos do sábado 20 (25 euros), entradas para público maior de 12 anos (8 euros cada sesión), billetes para menores de 12 anos ou desa idade no momento de celebración (3 euros) e entrada de balde para as e os menores de 3 anos.
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- Se buscan vecinos para vivir en este pueblo cerca de Vigo: hay trabajo y casas en venta desde 50.000 euros
- Parte de la millonaria indemnización por la caída de una losa salió del bolsillo de los dueños del edificio
- Suspenden en Vigo a una profesora de Inglés durante un año por no saber dar clase
- Comienza la tala para la construcción del supermercado Familia en Cangas
- ¿Qué pudo pasar en la cirugía de Carmen, la mujer que quedó parapléjica tras operarse la rodilla en Ourense?
- A la captura de cazadores
Treinta años y en plena forma

Vilagarcía celebra su I Ruta de Tapas

Vilagarcía festeja al ritmo de la música

Vilagarcía da comienzo a las fiestas con Santa Rita

Santa Rita también celebra el deporte
