As cantigas de Martin Codax guían ata Vigo ao programa da TVG “O son da ribeira”
O espazo ofrecerá composicións do trobador medieval interpretadas por Luar na Lubre, Roi Casal ou Amaral e conversará con mariñeiros da ría viguesa sobre o seu traballo cotián

O presentador, con Julio Alonso, Vanessa Arias e Verónica Cazorla. / Redacción
Redacción
“O son da ribeira” desprázase hoxe ata a Vigo na procura das “ondas do mar” que inspiraron as cantigas de Martin Codax nun capítulo que emite a TVG ás 10.50 horas. Elaborado por Producións Celta para a cadea autonómica e baixo a dirección e a presentación de X.H. Rivadulla Corcón, o equipo pretende achegar aos seus espectadores a lírica galega dos séculos XIII e XIV, os versos que o mar inspirou a aqueles trobadores ou xograres.
Aquelas cantigas medievais, en especial as da autoría de Martin Codax, das que se conserva a música serán o fío conductor do espazo da TVG, que aproveitará a ocasión para falar con quen traballa nesas “ondas do mar de Vigo”.
A primeira versión dunha cantiga de Martín Codax que se escoitará no programa, é a que fai o destacado grupo da música galega Luar na Lubre.
Para coñecer o que supoñen as cantigas para a cultura galega e a figura de Martin Codax para Vigo, Rivadulla Corcón conversará con Anxo Angueira, poeta e presidente da Fundación Rosalía de Castro, que afirma que é sen dúbida o poeta de Vigo, o máis representativo desta cidade.
As ondas do mar de Vigo, son ondas moi vizosas, moitas familias viven do que dan. É o caso de Julio Alonso, que hai anos foi patrón maior da Confraría de Vigo. A muller tamén ten unha presenza moi importante nesta ría, no que un importante colectivo de mulleres adícase ao marisqueo, en portos como Canido, Vilaboa ou Arcade.
O propio Martin Codax escribiu ás ondas do mar de Vigo en clave feminina. Dúas mulleres que traballan embarcadas na ría son as patroas de pesca Vanessa Arias e Verónica Cazorla que se unirán á conversa.
O programa recupera a actuación que realizou o músico Roi Casal no acto de clausura da exposición do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Vigo, interpretando “Ondas do mar de Vigo” e fala co músico da emoción sentida na interpretación da cantiga de Martín Codax.
Unha versión moi especial por moi singular é a que interpreta o grupo Amaral, quizás por inesperada, pero que é moi próxima ao que puido ser a propia música da cantiga cando se compuxo no século XIII.
E sempre coa súa especial sensibilidade, Uxía tamén interpreta unha das cantigas de Martín Codax. Unha actuación chea de emotividade.
- Niño Becerra enciende las alarmas: «Si vamos a peor, en verano podemos llegar a una situación Covid de paralización de la economía mundial»
- Consiguen detener al conductor de un camión que circulaba sin control por la A-55 debido a una crisis diabética
- Si tengo el ácido úrico alto, ¿qué debo comer, y que no, para bajarlo rápidamente?
- Sorpresón en Pasapalabra: Rosa gana el rosco y se lleva el premio
- La desconocida playa de la ría de Vigo que estrena bandera azul este verano: está a un paso del centro urbano
- El caso de los asesinatos de cuatro hermanas gallegas
- De la vanguardia a la ruina
- El «Pitanxo» hizo 19 mareas en un área que tenía vetada por su peso