Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

‘O Son da Ribeira’ mergúllase no tesouro musical do sector mariñeiro de A Coruña

Rivadulla Corcón fala coa peixeira Mery, no seu posto da coruñesa Praza de Lugo. FdV

A emisión do décimo programa de “O Son da Ribeira” chega hoxe no canal autonómico a cidade herculina, co capítulo “Vivir na Coruña” (TVG, 10.00 horas). A producción, dirixida e presentada por X.L. Rivadulla Corcón, pretende poñer en coñecemento da audiencia o tesouro musical da cultura mariñeira e poñelo en valor.

O equipo de “O Son da Ribeira” respalda así o xerme desde capítulo dez: “Cada un de nós considera o bonito que é vivir na cidade que naceu ou simplemente reside, e con este argumento naceu na cidade da Coruña unha canción que fala disto: ‘Vivir na Coruña que bonito é’. Pero claro, seguro que tamén é bonito vivir no Grove, en Laxe ou Burela, poñamos por caso, porque versións desta cancións existen en moitas vilas, e imos escoitar algunhas delas.”

Se inicia o programa nun lugar moi representativo da cidade da Coruña, que os seus cidadanos coñecen popularmente como A Dársena. Alí atopan algúns barcos pesqueiros que dan noticia do carácter mariñeiro desta cidade, e temos tamén as famosas e fermosas galerías da Coruña. Pero como os coruñeses fan gala de ser amables, o equipo deixa que sone unha versión de ‘Vivir na Coruña’ dedicada ao Grove.

E se escoita a canción “Vivir no Grove” interpretada por un dos grupos dos canción de taberna máis populares de Galicia, Os Firrás.

Na Coruña acuden logos á taberna A Chencha, un lugar moi coruñés, propiedade do percebeiro Xulio Montero, que naceu nesa cidade e presume de orgullo coruñés. Con el falan no capítulo de diferentes símbolos do coruñesismo.

As xentes da cidade herculina son moi de vivir na rúa e nos espazos comúns, de falar e compartir a vida; e o equipo do programa da TVG adéntrase nunha coñecida praza de abastos

decoration

As xentes da Coruña son moi de vivir na rúa e nos espazos comúns da cidade, son moito de falar e compartir a vida, e un lugar idóneo para isto son os mercados, as prazas de abastos. E na Coruña hai moi fermosas prazas, que están inseridas totalmente na vida da cidade. Unha destas prazas é a Praza de Lugo onde a súa planta baixa está dedicada integramente a venda dos produtos do mar.

Nesta praza falarán con Ana Pato, que pertence a xeración máis nova de peixeiras coruñesas. Ela expresa con toda claridade o seu orgullo coruñés, e di que nunca podería vivir noutra cidade que fora a Coruña, e o que máis botaría de menos sería o mar que a baña.

Despois volverá o capítulo a escoitar outra versión da canción, e nesta ocasión a versión de vivir en Laxe que bonito é, interpretada polo grupo O tren da unha, de Laxe.

Un lugar son as súas xentes, Mery é peixeira dende sempre, a súa nai xa o foi e ela aprendeu o oficio case como foi espertando á vida. En “O Son da Ribeira” din que aprecian a xente vital que ama antes que nada a vida, e a ama como un agasallo que recibimos ao nacer é que hai que coidar, e o oficio máis importante é o de vivir, e transmitir a ilusión e a paixón por vivir. E disto as peixeiras como Mery saben moito. Ela fálanos da Coruña que ama e coñece dende nena. E o que máis aprecia é que é unha Coruña moi familiar, en que os amigos son realmente como familiares.

Compartir el artículo

stats