Sinsal presenta “Tatuado nos ollos levamos o pouso”, a nova curta documental da cineasta Diana Toucedo (autora del largometraje “Trinta lumes”, seleccionado para la Berlinale) sobre o marisqueo na enseada de San Simón en Redondela.

A presentación será mañá sábado 31, a partir das 21.30 horas, na lonxa de Cesantes.No acto, participarán a directora, o programador Javier Trigales, a artista BFlecha –que pon músi ca ao traballo audiovisual– e as mariscadoras e mariñeiros da Confraría de San Xoán de Redondela

O acceso á presentación será gratuíto previa retirada de entradas, a partir das 21.00 horas, no propio recinto da lonxa redondelá.

O proxecto, que conta co apoio do Concello de Redondela, foi rodado en 16mm e dixital.

Dende Sinsal, explican que é unha curta documental ideada durante a celebración do Sinsal Litoral 2020 que ofrece unha ollada de etnografía sensorial para fixarse nos oficios artesáns.