O cantante vigués Alberto Cunha presentou onte no Corte Inglés de Vigo “Escolma Aberta”. Trátase dun proxecto singular e único, no que se unen música, literatura e pintura. Un libro-disco que se compón de 10 poemas musicados por figuras da música galega (Luis Emilio Batallán, Suso Vaamonde, Amancio Prada, Xoán Rubio, Los Tamara, Juan Pardo e Vicente Araguas), recuperados por Alberto Cunha. Cada poema vén acompañado por unha ilustración, cuxo autor é Ramón Trigo, e por un comentario de diferentes persoas relacionadas coa cultura galega. No acto participaron o autor, Alberto Cunha; o artista Ramón Trigo; o director de comunicación do Corte Inglés Pati Blanco e o editor Xabier Romero.