O programa da TVG “Caderno de Bitácora”, que dirixe e presenta X.H. Rivadulla Corcón, mergúllase hoxe (TVG, 19.30 horas) con Manuel Cadilla “Maruxo” no seu universo da Guarda. O espacio pasará unha xornada cun home especial, que na Guarda coñecen como Maruxo. Mariñeiro na baixura, no mar difícil da Guarda, e na altura en mares como o de Marrocos ou Namibia.

E para coñecelo, o director do programa o fará co seu cuñado e amigo Desiderio Rodriguez ”Cuqui” e o, tamén amigo, José María Lomba “Chiño”, todos homes de mar. A Guarda é un enclave que aporta mariñeiros de moita sensibilidade, e en “Caderno de Bitácora” o descubrán con Maruxo recitando a Rosalía de Castro e un poema da súa autoría. Pola súa sabedoría mariñeira, a súa sensibilidade poética, e o seu carácter entrañable, Maruxo mereceu o recoñecemento e homenaxe do programa.

Todo en Maruxo foi mar, porque o mar o condicionou todo. Xa con dezaseis anos a vida empuxouno ao mar, e o espazo onde naceu, A Guarda. Neste mar bravo, con dezaseis anos descubriu que significa en verdade o mar bravo, cando empezou a traballar a arte do trasmallo. Logo cruzou a liña do horizonte para ir á pesca da lagosta a Marrocos, pesca que dou fama aos mariñeiros deste porto. Como tamén a pesca dos grandes peixes, o espada, o marraxo e os atúns. Di Maruxo que ir ao peixe espada foi a pesca máis dura. E din que se o mar non existira non existiría a poesía, e iso explica que mariñeiros escriban poesía. Maruxo é poeta, ten obra que fala da súa terra e o seu mar, e ten un referente na obra de Rosalía de Castro, a quen Maruxo, o mariñeiro da Guarda, recita coa súa memoria prodixiosa.

'Maruxo' foi un neno na Guarda dos últimos anos da dura posguerra

Manuel Cadilla é un home moi querido no porto da Guarda, asunto que recalcan moito os dous padriños que nos van axudar a facerlle homenaxe dándolle unha sorpresa, e les son dous amigos del de sempre: Desiderio Rodriguez “Cuqui” que ademais é cuñado, e José María Lomba “Chiño” que andou mar con Maruxo. Este expresa a súa vida tamén a través da palabra poética. A vida foille adversa e non puido continuar estudos como a el lle gustaría, pero non abandonou seguiu formándose, como mariñeiro por suposto, pero en moitos outros ámbitos culturais, e recita a Rosalía de Castro e tamén ten obra propia de enorme interese.

Desiderio Rodriguez “Cuqui” foi mariñeiro moitos anos, ata que recalou na súa vila A Guada para poñer en marcha unha taberna mariñeira, que nos pensamos que é das máis mariñeiras de toda Galicia. É amigo de Maruxo dende a súa mocidade, e ademais de amigos son cuñados, a muller de Cuqui é irmá de Maruxo.

Maruxo foi un neno na Guarda dos últimos anos da posguerra, que sufriu a vida dura daqueles anos, pero quixo ser máis na vida, pero as circunstancia só lle permitiron estudar ata o bacharelato, e o mar foi o seu camiño, e foi o que lle deu unha vida. E lle permitiu facer que as súas fillas si puideran cumprir a súa ilusión de estudar.

Para a maioría dos mariñeiros da pesca de altura o estar lonxe da casa é o peor desta pesca. Pero Maruxo é un home tan especial que ata a este aspecto sabe poñerlle boa cara.