A segunda tempada de “O sabor das margaridas” –seis capítulos de 70 minutos dirixidos por Álex Sampayo– xa está no sétimo lugar no Top 10 de series máis vistas de Netflix tras su estreno mundial o pasado 2 de abril. Esta ficción de CTV en colaboración con TVG e Comare, foi a primeira en galego que emitiu esta plataforma e converteuse na sétima máis vista no Reino Unido e Irlanda en lingua non inglesa e a súa nova tempada, na que María Mera (Boqueixón, 1986) volve a interpretar á inspectora Rosa Vargas/Eva Mayo, aspira a repetir éxito cunha trama que trata un tema tan crudo como é a prostitución infantil. “Parte do equipo estivo moi revolto durante a rodaxe porque este é un drama que pasa no mundo. Sentes repugnancia e odio”, recoñece a actriz.

–Cando se fai unha serie nunca sabes que vai pasar. Como asumese un éxito internacional como tivo “O sabor das margaridas”?

–Cando estabamos a rodar a primeira tempada sabiamos que ía ser a primeira serie en galego que ía estar en Netflix e cando vimos a repercusión sentín orgullo de ver como a xente respondía tan ben ao galego e de que a xente dende a outra parte do mundo quería aprendelo.

–Onde está o segredo do éxito da serie?

–Eu creo que o éxito foi ter unha moi boa historia e moi ben contada, porque como se pode explicar que unha serie tan pequena, cun presuposto tan baixo, que non tivo promoción ningunha dera as voltas que deu e se esté a falar tanto dela? Eu penso que, ó final, as boas historias acaban por verse en calquera sitio.

–Este éxito supuso unha presión para rodar esta tempada?

–Estamos moi ilusionados porque non pensabamos que en 72 horas xa estivese na lista das series máis vistas, pero si fixemos a aposta para que gustara. O equipo de guionistas deulle moito a volta para que non fose a típica segunda tempada. De feito, moita xente preguntaba para onde podería tirar, porque na primeira, a historia quedou máis ou menos pechada, e quedou sorprendida. Esta tempada segue moitos detalles da primeira e fai que o meu personaxe, que era tan frío, estoupe nesta.

–Que o fai estoupar?

–Hai un cambio moi grande no meu personaxe e creo que a xente vai agradecer moito ver a segunda tempada porque é onde vai a entender realmente a esa Eva Mayo [o Rosa Vargas, tanto ten], que na primeira era moi fría, parca en palabras, apenas sorrí, pero ó mesmo tempo, nos momentos que explotaba, víase que tiña un mundo emocional moi peliagudo. O público vai saber por que está a tomar medicación continua, vai coñecer que ten unha enfermidade herdada da súa nai: esquizofrenia, e vai empatizar moitísimo con ela.

–Unha enfermidade moi estigmatizada...

–É certo. O que me daba medo como actriz era como ía mostrar na ficción esa enfermidade. Foi un reto. Eu sempre digo que é a primeira vez que un pernonaxe me sorprende a min. En realidade, somos moi diferentes Eva e máis eu, pero é do papel que estou máis orgullosa e é o personaxe que marcou un antes e un despois na miña carreira, pero tamén foi co que me sentín máis identificada e máis cómoda.

–A súa estrea na TVG coincidiu co confinamento. Como o viviron?

–Tiñamos preparadas dúas estreas, unha en Santiago e outra en Monforte, e non se puido facer ningunha, nin promoción nin nada, pero ó mesmo tempo foi algo bonito sentir como nese momento tan difícil a xente me escribía dicindo que esperaba ilusionada que chegara o domingo para ver a serie.

–A cultura foi un salvavidas...

–Totalmente. Foi un momento para decatarnos do importante que é a cultura e que non se dede deixar atrás. É unha vía de fuxida e unha cura.

–Pódese fañar xa dun verdadeiro “Galician noir”.

–“The Guardian” foi o primeiro que nomeou este termo saíndo de “O sabor das margaridas” como que a partir de aí viñeron outras series. Parece que fomos os pioneiros neste novo xénero e en este sentido, estamos contentos de crear cousas novas.