Tanxugueiras entrégase á fusión para explorar sons electrónicos co tradicional
O grupo afronta un “punto de inflexión” co seu novo tema “Midas”, disponible en plataformas

As Tanxugueiras, nunha foto promocional de “Midas”. | // ROCÍO CIBES / m. mato

“Midas” é o título do novo single e vídeo que as Tanxugueiras depositaron dende as 00.00 horas de hoxe nas principais plataformas audiovisuais. No tema, o retrouso da tradición dálle a man á contemporaneidade con sons máis electrónicos.
Tras escoita-la canción, a memoria lévanos ó mesmo sitio que nos levara Mercedes Peón co seu “Isué” do ano 2000. Lembran? Unha reviravolta de todo o que tiñan establecido ata o momento no seu camiño musical.
“Midas é unha peza empoderada e motivadora coa que queremos chegar ás novas xeracións, que van seguir coa tradición e termardela”, sinalan as autoras.
“Define como nos sentimos hoxe en día, esa falta de medo a avanzar, explorar e traballar con outros estilos e sonoridades” pero sen deixar de apostar pola música tradicional e “sen deixar de crecer”, sinala Olaia Maneiro.
Non só creban coa sonoridade que tiñan ata agora na súa carreira, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío, tamén volven fende-la herdanza audiovisual propia. Se con “Perfidia” queimaran un coche, con este “Midas” as tres siluetas e almas femininas póñense combatentes.
A simboloxía empregada no vídeo tamén voa cara o recordo daquel “Zombie” dos Cranberries coa pintura dourada da muller e os nenos. Desta vez, as músicas galegas emprégano nun home e haberá que mira-lo vídeo para saber por que e para que. Non queremos facer ruína do segredo.
O vídeo conta ademais coa colaboración de Xisco Feijóo, Fran Sieira e Artur Puga, membros de Fran Sieira Compañía de Danza.
“Escollimos tres bailadores que nos gustan moitísimo “polo “carácter”, sinalan, pola tremanda “forza” que transmiten, acorde coa canción.
Sen dúbida, como elas ben din, o traballo é “unha nova porta que abrimo ssen medo e prezuízos”.
- Un perro muerde a una vecina de Navia cuando protegía a su perra del ataque: Eira huyó pero apareció tras tres días perdida
- La Guardia Civil investiga vertidos durante unos trabajos de reparación de un barco de pasaje en Bueu
- La Guardia Civil logra frenar una estafa de 46.300 euros con criptomonedas a un pontevedrés
- Comprar en el centro de Vigo es tres veces más caro que en la periferia: así están los precios del metro cuadrado por barrios
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Sin consenso en Vigo por Peinador: Abel Caballero insiste en que «solo hay un modelo» y Luisa Sánchez lo acusa de «despreciar» fondos de Diputación y Xunta
- El mosquito tigre se extiende en el área de Vigo: cómo evitar y paliar su persistente picadura
- Un niño alerta al 112 de un incendio en su casa en Vigo mientras su madre intenta apagarlo