Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Obituario

«En memoria dun mestre»: Javier Cabaleiro

O director do IES Rosais 2 despide a quen fora profesor de Matemáticas no centro durante décadas

Javier Cabaleiro (a la izquierda al fondo, el más alto) con alumnos de 2º de la ESO del IES Rosais 2 en su visita a FARO en febrero de 2020.

Javier Cabaleiro (a la izquierda al fondo, el más alto) con alumnos de 2º de la ESO del IES Rosais 2 en su visita a FARO en febrero de 2020. / Ricardo Grobas

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Emilio González Avión (Director do IES Rosais 2)

Vigo

Despedimos onte (06/08/2026) a Javier. Javier Cabaleiro Cameselle foi mestre no CEIP Frián de Teis e no IES Rosais 2. Eu coincidín con el no IES Rosais 2. Pero hoxe quero falar del como pai de tres alumnos seus. Javier daba clases de matemáticas no instituto e dicían cousas que nos facían pensar a toda a familia. Lembro unha conversa típica na súa aula:

  • +Javier, non o entendo! Explícame.
  • -Non entendes o que?
  • +Nada, non entendo nada!
  • -Pois tesme que dicir que é o que non entendes, senón non cho podo explicar!”

Pode parecer un diálogo baleiro. Non o é. Na educación non só ten que falar a persoa educadora.

Tamén ten que falar a persoa que ten que está sendo educada. A frase sería: «se ti non me explicas, eu tampouco che podo explicar a ti». Ou «se ti non participas, non hai educación». O educador brasileiro Paulo Freire dicíao doutra maneira: Ninguén educa ninguén, ninguén se educa só, todos nos educamos a todos».

Hai outra lembranza que teño das súas clases. Contaba historias de El canto del pájaro, de Anthony de Mello. Un libro que eu lin nos anos 80 do século pasado volvía a min a principio deste século grazas ás palabra de Javier. Ás veces os crentes pensamos que o misticismo e o pensamento transcendental é só noso. Enorme equivocación. A ciencia faise para explicar o que non é evidente, o que non está diante dos nosos ollos. Cos nosos ollos vemos que o sol sae pola mañá e se pon á tardiña. Nós non vemos xirar a terra a redor do sol.

Acumuláronse datos cando menos durante máis de mil anos antes de formular cientificamente que a terra xira a redor do sol. Penso que Javier contaba estas historias para motivar o pensamento crítico, o pensamento diverxente. Así que Javier pasou pola miña casa como algo máis que un profesor. Pasou como un mestre.

E sei que Javier non quería despedidas. Pero terá que permitirme este recurso literario para facer unha pequena homenaxe a esas profesoras e profesores que ensinan cousas que non sabiamos, cousas que xa sabiamos e esqueceramos e que ensinan a pensar.

Tracking Pixel Contents