In Memoriam
Pepe Groba, na lupa de JFM

Pepe Groba (d. con camisa de cadros) durante unha xuntanza recente / Cedida
Jorge Freijanes Morales
Fóisenos de entre as mans apertadas PEPE GROBA, «O PEPE do JEREMÍAS» ás portas do seu centenario, figura salientable do seu pobo tanto polo seu carácter e trato sempre afable, desprendido, bondadoso como pola súa disposición para botar unha man ao que fose, onde fose e quen fose, como a servir fielmente ao seu pobo como concelleiro que foi. Educado de berce, pacífico e intimamente unido a súa familia.
En definitiva xente da que xa non queda. Moi próximo a mín e á miña familia; casado cunha entrañable e gran muller, «A CUNTÍN», apelido común da nosa estirpe. Non podo esquecer todo o que me axudou nos meus inicios agrícolas, no meu Soutiño; podas, atas, aramados, vendimas..., e no máis especializado do seu título hereditario do seu pai, do JEREMÍAS, “O POTE”; mestre destilador, case de laboratorio, obtendo uns destilados de categoría.
Ata logiño, PEPE, o meu emocionado recordo e o abrazo, coa serenidade que me dá o compartirte moito tempo..., pero, xa estamos tras as faranguñiñas de pan que deixas tras a túa pegada.
- Eclipse de Sol en Vigo y Galicia | Consejos, horarios y dónde ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Se entrega en la Guardia Civil tras 20 días fugado el conductor que embistió a un coche de la Policía Local en Salceda
- Restaurantes y hoteles vigueses ya cuentan con una lista negra de clientes conflictivos
- Los camiones del Combo Dominicano se atascaron en Trives pero la orquesta tiró de entrega y talento para mantener la gira: «Nos hicisteis disfrutar igual que siempre»
- Roca Rey y José Tomás, dos figuras para dos «No hay billetes»
- El parque acuático de Monterrei dispara la afluencia de visitantes con los nuevos toboganes: «es mucho más completo»
- Rumbo directo a Vigo desde Irlanda: The Corrs deja 'sin aliento' a Castrelos
- Rebajan la pensión de 13.000 euros mensuales de una viguesa y sus hijos porque deben adaptarse al nuevo «nivel de vida»