Entrevista | Nuno Pico Compositor e vocalista de Grande Amore
«Hai máis predisposición a escoitar unha banda que toca en galego»
O artista fala da evolución do proxecto coa incorporación de María e Clara, do seu directo e da ilusión que teñen co concerto de hoxe en Ojea

Agrupación musical Grande Amore: Mariagrep, Clara Redondo e Nuno Pico. / L.R.
Grande Amore xa non é só Nuno Pico diante dun sampler. Desde a incorporación de María e Clara o proxecto evolucionou cara unha proposta máis colectiva, distorsionada e escura sen perder a esencia que o viu nacer. Agora, a banda leva esa nova etapa aos escenarios galegos e recala nas Festas do Cristo de Cangas, onde este sábado ás 22.00 horas nas Naves de Ojea se reecontrará cun público moi diverso ao que pretende facer bailar, coñezan ou non as súas cancións.
Inicialmente o proyecto era só seu.
Si, era só eu compoñendo. No directo tamén iba eu só cun sampler, logo cunha caixa de ritmos e tal. Cambiou bastante cara agora coa banda, xa que este verán estamos facendo concertos de presentación. Entón, o contraste para a xente que nos viu evolucinar é moito.
Que cambiou na realización do proxecto?
Para min, non cambiou tanto. Igual na hora de compoñer si, polo plantexamento das cancións, pero no que é o grupo era todo moi parecido. A pesar de telo en conxunto con elas, a esencia do proxecto é a mesma. Ademais, compartir estas vivenzas con xente, que a maiores son amigas… É infinitamente mellor, resulta moito máis divertido e lixeiro.
Como se deu o proceso de integrar a María e Clara en Grande Amore?
Pois foi unha boa cuestión. Non tiña plantexado como sería Grande Amore no futuro, pero é certo que a finais do 2021 e comezos do 22 apetecíame deixar ese formato de escribir só. Aí foi cando decidín integrar a María, gustábame a súa presenza no escenario e a súa actitude. Pouco despois entre os dous dixémoslle a Clara de sumarse, gustábanos a súa actitude supoño. Non sei describilo concretamente, pero tiña algo que nos gustaba moito. Disto xa fai tres ano e medio e, a pesar de que podería ser unha lotería, todo vai súper ben.
Agora os seus sons volvéronse máis «ruidosos». Que lles levou a explorar ese camiño?
Foi algo que pasou de forma casual. Notei moito iso cando se incorporou Clara ao proxecto. Vina coa guitarra de forma espontánea no local de ensaio e soaba como unha guitarra moi distorsionada, moi «ruidosa». No terceiro disco quixemos traer ese son que salía nos ensaios, é certo que se escoitas o primeiro disco e despois o terceiro… É unha escuridade moito máis grande.
Tocan temas como a frustración ou o malestar xeracional cargándoos de humor. Que papel ten este á hora de falar temas máis serios?
Faime reconectar un pouco. Non é sorpresa para ninguén que son moi sentido e dramático. Sempre estou pensando en que pasan moitas desgrazas e demais. Pero é certo que sempre tivemos unha aproximación un pouco humorística, así que é normal que se traduza despois nas letras. Creo que é natural porque é a miña visión do mundo. Pero gústame que dende fóra non se vexa todo como negativo, senón que tamén falamos desde a risa.
Que ten un concerto de Grande Amore que é imposible de reproducir nun álbum?
Penso que se nota bastante que os tres nos levamos xenial. Hai unha enerxía común que compartimos. No caso da banda penso que tamén pasa. Por un lado, parecemos as persoas menos rockeiras que hai no mundo e temos unha enerxía como de «debuxo animado». Non sei explicalo, pero penso que dalgunha maneira hai algo que está en nós que se traduce nos concertos, que o transmitimos ao público.
A pesar de tocar en galego traspasaron fronteiras, pensa que cambiou a percepción do que se pode conseguir cantando en galego?
No noso caso tocamos música bastante de nicho, no tema estilístico ou musical. Un bo exemplo é cando tocamos fóra. Á xente que nos ven a ver gústalle esa música, igual non entenden todo o que dicimos, pero disfrutan e poñen vontade da súa parte.
Sinte que na escena galega a xente está máis aberta a consumir?
Desde a miña óptica non é tanto un avance. Sempre houbo proxectos que para min foron grupos incribles, con moita variedade estilística e que na súa maioría seguen activos. O que pasou foi que desde hai un tempo tanto os propios galegos como os de fóra préstanlle máis atención ao que está pasando aquí. Non son sociólogo para saber o motivo real, pero penso que foi un proceso no que se conseguiu que haxa máis predisposición a escoitar unha banda en galego.
Para vostedes que supón levar a súa música a unhas festas populares tan arraigadas?
Para nós é unha alegría. Tocar é o que máis nos gusta e ao que nos dedicamos, por sorte, dende pequenos. Que nos leven a Cangas co cartel que teñen este ano… Jolín, compartimos espazo con grupos que son colegas, como son Arrythmia ou Rebeliom do Inframundo. É algo marabilloso.
Como afrontan un escenario no que hai público tan diverso que seguramente algún non lles coñeza?
É certo que a nosa música ou proposta de primeiras pode resultar chocante. Pero precisamente por iso hai xente á que lle gusta. Desde o meu punto de vista, que igual erro, neste tipo de concertos parece que quedan contentos. De maneira xeral, nos concertos todos rematan animándose e bailando. Por iso, penso que pode estar ben acollido.
Suscríbete para seguir leyendo
- La Guardia Civil desarticula dos grupos dedicados a la sustración de gasoil de camiones tras detectar un vehículo con garrafas en Moaña
- La Policía Local de Cangas detiene en una persecución a un individuo al que se le encuentran 13 envoltorios con cocaína
- El moañés afectado por el desplome de un talud de la Autovía sigue con la casa sepultada
- Ataque de un hombre a varias mujeres en la avenida de Marín, en Cangas
- Detenido por violencia de género en Moaña tras discutir y romper el móvil de su pareja
- Retenciones en la Autovía do Morrazo a las playas debido al corte de un carril por las obras de conservación del viaducto en Meira
- Agosto se cierra con problemas de barcos en A Borna y de picaduras en A Xunqueira
- Darbo alarga un día más su estancia en la Romaría