Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Anxela Baltar Guitarrista e vocalista de Bala

«Galicia conta cunha calidade musical indiscutible»

A artista reivindica a conexión coa terra e a identidade propia antes do seu pase no Cristo

Formación de Bala: Anxela Baltar (esquerda) e Violeta Mosquera.

Formación de Bala: Anxela Baltar (esquerda) e Violeta Mosquera. / Mattias MonsterKid

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Cangas

A base de contundencia, personalidade e unha maneira moi particular de vivir a música, Bala construiu unha identidade propia. O dúo galego continúa explorando novos camiños sen renunciar ás súas raíces, mantendo unha conexión especial co público e terra que forman parte dos seus sons. Ás portas da súa actuación nas Festas do Cristo de hoxe, ás 23.15 horas nas Naves de Ojea, Anxela Baltar reivindica a relevancia de tocar en Galicia, a relación coa memoria colectiva e o futuro dunha música que non sempre busca ser inmediata ou doada de consumir.

Pasaron de tocar en salas pequenas a ter impacto internacional, como viviron ese cambio?

Pois moitas veces tamén e unha sorpresa para as propias bandas. Polo menos, no noso caso, cando comezamos non pensabamos en acabar tocando en Australia ou Estados Unidos. Tivemos un punto de inflexión moi claro con «Lume» porque ese disco funcionou moi ben. Fomos as primeira sorprendidas. Pero sempre, incluso hoxe en día mantemos a ilusión do principio.

Como conseguen manter una identidade tan recoñecible e definitoria?

Penso que temos unha identidade moi clara. A xente que nos coñece pode ver facilmente por onde imos. Algúns síntense identificados, pero penso que non hai unha fórmula. É simplemente facer o que queremos e temos dentro.

Que lles leva a convertir cuestións como o medioambiente ou o consumismo en letras ?

Este foi un tema moi complexo a priori porque nós sempre falamos de moitas temáticas, pero antes facíamolo con metáforas. O que pasou con «Besta» foi que cando estabamolo escribindo eu empezaba a ser nai e no mundo hai moitas cousas que enfadan, tanto da sociedade como do global. Dalgunha maneira tiña ganas de falar máis directamente, por iso son letras máis claras.

Resúltalles máis sinxelo falar desde o íntimo?

Non exactamente. É dicir, penso que o altavoz que temos é unha ferramenta superpoderosa e as cousas que dicimos van quedar aí rexistradas sempre. Nos concertos a xente vai escoitar todo iso que temos que dicir ou soltar e esta é unha ferramenta que hai que saber usar ben.

Descubriron algo sobre a súa música ao vela recibida por públicos que non comparten necesariamente o seu contexto cultural?

A verdade é que sentimos unha acollida espectacular alá onde imos, iso é unha pasada. Lembro a primeira vez que estivemos en Bogotá, alí ninguén nos coñecía. Tocamos nun festival supergrande e todo o mundo coñecía as cancións, aquilo foi unha pasada. Creo que a música e a maneira de entendela é moi universal. É independente ao idioma no que se cante ou ao estilo musical. Penso que ese sentimento para as persoas que vivimos a música con paixón é compartido.

Cre que aínda hai espazo para unha música que non busca ser inmediata ou fácil de consumir?

Eu penso que si, aínda que está claro que hoxe en día o modelo é ese. Pero tamén hai lugar para outras cousas, os consumidores teñen perfís moi diversos. A realidade é que facer un disco leva moito tempo e esa inmediatez paréceme excesiva, ás veces incluso agobiante. Penso que o noso público está aí, segue agardando por nós porque lles gusta o que facemos.

En canto as Festas do Cristo, que significa para vostedes formar parte dun cartel que aposta tanto polo propio?

É superimportante que conten con nós para eventos deste tipo, penso que Galicia conta cunha calidade musical indiscutible. Poder sentir esta conexión coa nosa terra e que sigan contando con nós para este tipo de eventos... É espectacular. Non queremos perder iso. Ao final somos de aquí e a nosa identidade é esta.

Cambian a maneira de plantexar o directo cando o escenario está integrado nunhas festas populares?

Non, para nós é o mesmo. Somos conscientes de que haberá moita xente que non nos coñeza. Pásanos moi a miúdo cando tocamos en eventos deste tipo. Cando a xente vén por nós porque xa nos coñece sabe os temas e ten ganas de desfrutar do directo. Tamén hai xente que está por casualidade a ver quen toca, somos conscientes diso. Pero o noso show é o mesmo, somos o que somos, non?

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents