Entrevista | Carlos Hermelo Homenaxeado pola Cofradía da Misericordia
«Cando tiñamos un problema no mar sempre falabamos coa Virxe do Carme»
O antigo mariñeiro e patrón reivindica a memoria dunha forma de vida que considera en risco

Carlos Hermelo, que será homenaxeado o luns, onte co peirao de Cangas ao fondo. / Pablo Hernández
Desde a súa infancia no Costal ata a súa etapa ao frente da Cofradía da Misericordia-Gremio de Mareantes, a vida de Carlos Hermelo estivo ligada ao mar e ás persoas que viven del. Ás portas da homenaxe á xente do mar que recibirá este luns, dentro das Festas do Cristo e con motivo da celebración na honra da Virxe do Carme, lembra como era aquela Cangas de conserveiras e barcos e reflexiona sobre o presente e futuro da comunidade mariñeira.
É vostede o primeiro en recibir este recoñecemento, que sentiu cando llo comunicaron?
Non penses que me sentín moi satisfeito nin moi halagüeño, estas cousas sempre teñen pros e contras. É un orgullo que se lembrasen de min, pero supoño que tamén fixen cousas significativas como a restauración do altar do Carme no seu momento.
Por que cre que a Cofradía elixiu a súa figura para a homenaxe?
Bueno, é unha homenaxe para un mariñeiro que ha de ter uns certos anos traballando no mar. Supoño que elixíronme a min porque ademais dos anos de mariñeiro, estiven na Cofradía e sigo axudando co que podo ou me consultan. É un orgullo que se lembrasen de min.
Que recordos garda daquela Cangas mariñeira na que creceu?
Comecei no mar con 14 anos e sen experiencia, realmente era un traballo moi duro. E ata que me xubilei foi así. Agora xa non queda practicamente nada: antes había moitos barcos, arrastreiros e embarcacións de cerco... Xa non queda nada diso, só barcos do día.
Que aprendeu dos seus predecesores sobre o mar?
Da miña familia aprendín unicamente do meu pai porque aos meus avós non os coñecín. E o meu pai, aínda que estaba nos barcos de Vigo, ensinoume o esencial: saber por onde atar e como facer ben as cousas.
Canto cambiou aquel mundo mariñeiro da súa infancia?
Daquela habían 10 ou 12 conserveiras, pero agora xa non quedan máis que catro barcos dos que andan á pesca do día. Conforme foron pechando as conserveiras non quedou nada, só debacle.
Ser mariñeiro implicaba pasar moito tempo fóra, como viviron esas ausencias desde a casa? Que papel tivo a súa muller naqueles anos?
De cara á familia vivino mal porque era moito tempo no mar e pouco en terra. Viñan a visitarnos a Canarias, pero eran só tres días en porto. Iso era unha vida dura e a miña muller fixo de ama de casa, de pai e de nai ata que me xubilei.
Tornando a vista atrás, hai algún momento, travesía ou experiencia que lembre con especial agarimo?
O mar era o meu oficio pero nunca fun moi devoto del. O que menos me gustaba era pasar o nadal fóra da casa, era unha penuria. No 73 fun á escola náutica para convertirme en patrón. E aí, cando andabamos co peixe espada lembro que foron momentos moi duros, xa non polas horas, senón polo traballo.
En 1998 asumiu a presidencia da Cofradía da Misericordia-Gremio de Mareantes, por que?
Non foi por min mesmo, era socio e en San Xosé nomeaban a dúas persoas novas para coller o cargo: un da zona do Costal e outro da zona do Señal. Os nomeaba o cura na misa, eu estaba mirando a procesión. Cando mo contaron non me neguei porque a miña nai alentoume a seguir adiante.
A Virxe do Carme acompañou durante xeracións ás familias do mar, que significa para vostedes esta devoción?
Como mariñeiro ten moito significado. En tódolos barcos nos que estiven tiñan a imaxe da Virxe do Carme. Cando tiñas un problema ou pasaba algo falabas con ela. Significa, claro que significa.
Preocúpalle que as novas xeracións se afasten deste mundo?
A tradición semella estarse perdendo porque a xuventude nese sentido non ten conciencia, pensan noutras cousas. De todas formas, isto evidentemente non se vai perder nunca. A xente respecta, igual a xuventude de 18 a 30 anos non pensa tanto niso, algúns contados, pero os máis maiores pensan doutra maneira.
Suscríbete para seguir leyendo
- Nudistas en la playa de Barra increpan con aplausos a quienes utilizan el bañador
- La huella de la Sareb en Cangas deja chalés okupados y edificios en ruina
- «Valoria B» y «Tumberry C», duelo de titanes en la ría de Aldán
- La Xunta exige a Bueu la devolución de los 700.000 euros del pabellón de Beluso y el Concello está dispuesto a llegar a los tribunales
- Identificadas varias personas en una pelea con barras de hierro en Couso en Moaña
- El gobierno cangués programa un cambio estructural en la cúpula de la Policía Local
- La Mancomunidad de O Morrazo refuerza la inspección de los composteros domésticos con 157 visitas a hogares
- Éxito de la primera Xuntanza de Mulleres Rurais en Bueu