Entrevista | Pablo Castro Percusionista e gaiteiro de Alana
«A música tradicional estaría morta sen as asociacións»
O músico, que hoxe actúa en Cangas, reivindica o papel destes colectivos e defende a capacidade dos ritmos propios para chegar a novos públicos

Integrantes de Alana: Eloy Vidal, Pablo Castro (centro) e Antía Vázquez. / María Cereijo
A música tradicional galega é o punto de partida de Alana, formación que integra o percusionista e gaiteiro Pablo Castro e que actúa hoxe nas Festas do Cristo (23.30 horas nas Naves de Ojea). O grupo reivindica unha forma de entender a música ligada á comunidade, pero aberta a novos sons e formas de chegar ó público.
Que cambiou en Alana desde O xeito á cantigha ata Un saber?
O xeito de crear a nosa propia música, o noso discurso e de entender a música. Penso que seguimos tendo ese punto romántico cara o disco. Agora creo que experimentamos con novos instrumentos, sons e grupos cos que nunca esperaríamos colaborar. E claro, cos sons máis puros e informáticos, por decilo así.
Onde atopan o equilibrio entre tradición, electrónica e pop?
Creo que o pon cada persoa na súa forma de entender a música. A nosa sempre se basea nunha recollida de audio ou vídeo. Entón, nós baseamos sempre ese discurso e esa forma de entender a música no contexto social onde transcorre.
Realizan moitas e diversas colaboracións, en que momentos precisan de según que voces, grupos ou instrumentos?
Ao colaborar buscas un brillo dunha persoa ou un concepto que ten un grupo. A nosa prioridade sempre foi colaborar con xente coa que nos levamos. Como Bieito, de Unto Vello, ou Prado, de Galician Army. As cancións son sinerxias creadas entre nós pola amizade que temos. Non foi buscada como tal.
Están moi centrados nas voces femininas, que lles aportan?
Para Alana é todo. Son a base de todo: da nosa forma de sentir a música, de creala e de dar o discurso que facemos. Todo nace en base a elas. Antía e eu levamos toda a vida en asociacións aprendendo a recoller todo pola nosa conta. Entre iso, e o Arquivo do Patrimonio Oral de Galicia, diría que son cousas imprescindibles á hora de facer música.
Cal é o elemento máis representativo de Alana?
No discurso, esas recollidas que diciamos. Creo que é algo identificativo noso e de outros grupos, que non inventamos as letras. As nosas melodías son creadas por esas mulleres e creo que ten un punto moi especial. E despois, penso que temos un punto máis melódico que rítmico.
Cales son as maiores diferenzas que notan entre tocar nun festival especificamente de folk e nunhas festas como as de Cangas?
Son públicos diferentes, pero si de verdade lles gusta a túa música, creo que van vir en calquera tipo de contexto. Eu valoro moito as festas patronais, porque agora ves moitas que apostan pola música en galego e creo que se lle debería dar valor a iso.
Gústalles o formato de ter públicos diversos? É dicir, que non veñan de primeiras a velos pero que se queden porque lles gustou a música.
É algo superbonito e marabilloso. Como músico é o mellor que che pode pasar, que gocen a túa música. Pero para min é superespecial cando che din: «Nunca che escoitei e acaba de parecerme incrible». Creo que todo ten a súa parte positiva, e penso que saber atraer a eses dous públicos é mellor.
Que relación atopan entre o carácter comunitario das Festas do Cristo e a súa maneira de entender a música tradicional?
Pois Antía e eu sempre estivemos en asociacións claro, e penso que abren as portas para moitas cousas pero que necesitan máis axudas. Porque as grandes fan moitas cousas, pero as pequenas teñen pouco recoñecemento e fan un labor super grande, sen elas a música tradicional non estaría viva.
Suscríbete para seguir leyendo
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Ataque de un hombre a varias mujeres en la avenida de Marín, en Cangas
- La Guardia Civil investiga vertidos durante unos trabajos de reparación de un barco de pasaje en Bueu
- Retenciones en la Autovía do Morrazo a las playas debido al corte de un carril por las obras de conservación del viaducto en Meira
- La Policía de Bueu denuncia a dos conductores que triplicaban y cudriplicaban la tasa de alcohol, uno de los cuales intentó huir con «desprecio a la vida de los demás»
- Un grande y profundo socavón preside el paseo del frente marítimo de Cangas
- Un detector de humos evita que una casa arda en Bueu
- Gogue enseña idomas en su pregón en Darbo