Entrevista | Nervo Vocalista de Rebeliom do Inframundo
«Se tentas seguir algunha moda, perdes a túa identidade»
O cantante reivindica a cultura propia e a tradición galega antes da súa actuación de hoxe, na primeira noite de concertos en Ojea

Nervo (centro) xunto aos seus compañeiros da agrupación Rebeliom do Inframundo. / Cedida
Tras máis de dúas décadas nos escenarios, Rebeliom do Inframundo mantén a mesma paixón pola música e vínculo con Galicia. O seu vocalista, Nervo, repasa a traxectoria, evolución da escena musical e importancia de manter unha identidade propia previamente á súa actuación de hoxe nas Festas do Cristo (00.45 horas en Ojea).
Rebeliom do Inframundo naceu fai máis de 20 anos, cal é a esencia que seguen mantendo?
Penso que máis que o que queda é o que se engadiu. Segue sendo a mesma alma e mesma paixón, pero a experiencia creceu. E sabe máis o demo por vello que por demo, non? A experiencia é un grao e estamos en continuo crecemento, por dicilo dalgunha maneira. E iso é algo moi positivo.
É o único membro que permanece desde aqueles inicios, cambiou a súa maneira de entender o grupo?
Pois non creo, se son sincero non trocou. É dicir, a diferenza é que desde hai dez anos somos cinco ou seis no escenario e xa está. Pero é que cando sacamos ese primeiro disco xuntos, os integrantes que somos a día de hoxe xa andabamos xuntos. Foi moi orgánico, todo mudou para ben: somos máis, rimos máis e pasámolo mellor.
Despois de 20 anos hai algo do que falaran nos seus inicios que siga estando vixente?
Por desgraza así como se avanza por un lado, se perde polo outro. Moitos dos temas de fai quince anos seguen estando á orde do día. E iso é horroroso claro, pero agora mesmo é o que hai.
Sempre teñen presente o compromiso político e social, cando se converteu en necesidade facer música deste xeito?
Ao final un fai arte do que precisa e nos facemos música de todo tipo. A crítica social sempre está presente porque tamén é o estilo que mamamos, pero falamos infinito do amor e de cousas persoais. Un ten que crear o que lle nace. A nós nácenos así.
Canto se pode transformar o sonido de Rebeliom sen que deixe de sonar a vostedes?
Non o sei. Eu creo que sempre que o fagas porque ti queres facelo e che nace a ti facelo, non por unha moda, sempre vas a soar a ti mesmo ou a ti mesma, ¿sabes? Non tódolos discos soan igual, pero porque se teñen inquedanzas diferentes. A movida é que se che nace, a túa esencia sempre vai estar aí. Se tentas seguir algunha moda perdes a túa identidade.
O galego é unha parte moi importante da súa identidade. Que significa para vostedes defendelo desde un escenario?
Para nós é algo natural. Eu falo galego tódolos días. Evidemente nos tempos nos que estamos é un posicionamento, pero no noso caso é tan natural que non sorprende que o fagamos así, sempre foi. A esencia da boa música é que é un idioma propio, eu escoito moita música en inglés ou francés e non entendo todo.
Supón algo para vostedes que o público non vaia con predisposición de escoitar o seu discurso?
É incríble ter esas plataformas, esa visualización. Claro que é marabilloso tocar para a túa xente, e nós por sorte temos un público moi fiel. Pero canta máis xente que non te coñeza poida dar visibilidade ao teu proxecto, mellor. Iso é ultrapositivo.
Nunhas festas como estas conviven tradición, cultura popular e propostas musicais contemporáneas, cren que esa mezcla reflicte a evolución de vivir a cultura de Galicia?
Claro, e é supernecesario. É dicir, paréceme positivo que se esté apostando. Ademais hai espazos para todos: para unha orquestra, un grupo de rap, un grupo tradi, ou, neste caso, un grupo de metal. En Galicia estábase pecando do contrario e se queremos que medre a nosa cultura, ten que haber espazos para todo o mundo.
Unhas festas populares poden converterse nun encontro entre artistas e un público que ao mellor non os escoitaría doutra forma?
Cen por cen. Pensa que ao final son gratuitos. Nas festas da túa zona todo o mundo está ultrafeliz e esperando todo o ano a que cheguen. E claro, iso é un escaparate para toda a nosa cultura. E nunhas festas patronais é moi guai poder ollar a cara da xente e as súas reaccións.
- La Guardia Civil desarticula dos grupos dedicados a la sustración de gasoil de camiones tras detectar un vehículo con garrafas en Moaña
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Ataque de un hombre a varias mujeres en la avenida de Marín, en Cangas
- Retenciones en la Autovía do Morrazo a las playas debido al corte de un carril por las obras de conservación del viaducto en Meira
- Darbo alarga un día más su estancia en la Romaría
- Un grande y profundo socavón preside el paseo del frente marítimo de Cangas
- Un detector de humos evita que una casa arda en Bueu
- Trabajar a 50 metros de altura en la Autovía do Morrazo