Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | María Armesto Pregoeira da edición 2026

María Armesto: «É fundamental destacar esa forza de mulleres que ten O Morrazo»

A directora artística da Mostra de Teatro falará este sábado, acompañada de Che Mariño e Casilda Alfaro, sobre a relevancia da cultura canguesa

María Armesto (2ª pola Esqda.), Che Mariño (centro) e Casilda Alfaro (dereita) co premio da Cultura Galega.

María Armesto (2ª pola Esqda.), Che Mariño (centro) e Casilda Alfaro (dereita) co premio da Cultura Galega. / Xoán Manuel García

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Cangas

María Armesto será a encargada de dar o pregón das Festas do Cristo de Cangas, este sábado ás 12.00 horas na Praza do Concello, en representación de Mulleres en Acción, unha iniciativa vinculada á Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Xunto a ela estarán Che Mariño e Casilda Alfaro, tamén en representación da Mostra. Para Armesto, o pregón supón levar o corazón dunhas festas profundamente arraigadas na memoria de Cangas cara unha parte da traxectoria, e da mirada, de quenes levan anos facendo cultura na vila.

Que significa para vostede dar este ano o pregón das Festas do Cristo en representación da Mostra de Teatro e de Mulleres en Acción?

Pois estou emocionada, porque este ano foi moi importante. Ten unha responsabilidade moi grande porque tampouco é falar dende a Mostra, que escribes o liñar e falas para ti, aquí falas para todo o Concello, coa pluralidade que supón.

Cal sinte que é esa responsabilidade?

Non o pensei ata que me puxen a bosquexar. Porque claro, cando cho propoñen é unha honra, pero non é falar só en representación dun ente como é a Mostra, que ten moitos anos de vida, senón dunhas festas que son seculares.

Enténdeo como unha forma de reivindicar o lugar das mulleres na vida pública e cultural da vila?

Se non poño iso morro. Para min e para a Mostra é fundamental, porque se apostou por isto dende o 2000 cando non habían leis que falasen de igualdade… Ademais, Cangas é unha vila de poderío de mulleres. Entón, si, hai que poñelo en moito valor. É fundamental destacar esa forza de mulleres que ten O Morrazo.

Que queren contar de Cangas nese pregón que quizais non se poida dende un escenario na Mostra?

Ben, como somos organizadores nunca falamos dende un escenario, aínda que teñamos actores na programación. Imaxínate na revista que sacamos, no programa que sacamos tódolos anos, escríbese un texto dirixido a Cangas de parte da Mostra, e aí fálase do que é o teatro e póñense en valor unha serie de cousas. Nun pregón debe ir moito máis que iso, quero dicir, imos falar de Cangas, non de nós.

Que relación atopa entre unha celebración cultural como a Mostra e unhas festas tan populares como as do Cristo?

Eu creo que hai moitísima relación, iso irá dentro do pregón. Hai moitísimas complicidades e sinerxias. As festas son un evento cultural en si mesmas, pero non só porque toquen estas orquestras ou polo teatro, senón porque hai festa, gastronomía e cultura, e a cultura é todo. Penso que nas Festas do Cristo imos facer unha unión, un encontro moi feliz, e paréceme algo moi natural.

Lembra algún ano no que a Mostra e o Cristo quedasen especialmente conectados no calendario ou na vida de Cangas?

Antes coincidía con Darbo, cando se facía en setembro, pero claro, é unha conexión de datas. Remataban as festas de Cangas e comezaban as de Darbo, á vez que a Mostra. Entón, claro, había unha conexión moi directa. E despois, a maior conexión é que nas festas sempre houbo teatro.

Dende a Mostra, como foi o proceso de elección sobre quenes ían dar o pregón?

Pois mira, nós somos moi asemblearios, e todo o que se publica e se fai está sempre consensuado. Contamos con ese espírito de pluralidade. Isto fainos infinitamente felices porque sentímonos aínda máis parte da vila, de Cangas. Que se nos elixa como entidade pública, ou privada, que é unha Mostra de Teatro, para dar o pregón, sinceramente é super emocionante

Terá algún toque teatral aproveitando esa relación coa Mostra?

Si, eu penso que si. Non imos facer teatro, pero terá un toque humorístico, sempre cun ton institucional. Quero dicir, falamos en representación dunha Mostra de Teatro que amosa cousas moi diferentes ao longo dos anos, porque intenta programar cousas moi diversas, pon en valor o humor, malo sería que non o engadamos tamén no pregón, ¿non? Buscaremos un xeito propio de dicilo, como temos normalmente, e como ten todo o mundo.

Que lles gustaría que a xente de Cangas entendera da cultura de aquí e de todo o que hai detrás dela?

O importante que é o feito cultural, que ás veces estamos facendo cultura sen ser conscientes. E a vila de Cangas está chea de xente que fai cultura, ¿sabes? De asociacións culturais de xente que baila, canta, está no conservatorio, fai teatro, escribe, fai gastronomía… Todo é cultura, e gustaríame que se sentiran parte, e vexan que tamén fan cultura popular ou de calquera tipo.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents