Cultura
Medio século da Festa Popular de Bronlle
O Concello de Moaña e as entidades sociais da parroquia de Meira norganizan o sábado 15 de agosto a tradicional romaría de Bronlle. Unha edición especial porque se cumpren 50 anos da primeira festa
Xusto cando Galicia abandonaba aquela longa noite de pedra da que falaba o poeta Celso Emilio Ferreiro en Moaña agromaba unha nova tradición, na que a cultura galega recuperaba protagonismo no espazo público. Foi no ano 1976 cando a Asociación Cultural A Canle, co apoio do párroco de Meira, Manuel Duarte Tronceda, impulsou a creación da Festa Popular de Bronlle. Un evento que se desenvolveu na fermosa carballeira deste lugar de Meira, uns terreos propiedade da Igrexa. Van xa 50 anos, medio século. E por iso a edición deste 2026 será especial. A programación vén de ser presentada e inclúe algunhas novidades, como a exposición de catro paneis con preto dun cento de imaxes antigas da romería.
Estas cinco décadas non resultaron sinxelas e de feito entre os anos 2000 e 2016 a romaría deixou de celebrarse. Foi en 2017 cando se recuperou co pulo do Concello de Moaña e as entidades sociais da parroquia de Meira. Bronlle ofrece unha impagable comuñón coa natureza, coa súa pendente natural da súa carballeira cara ao río do Barranco do Faro e que forma un extraordinario auditorio ao aire libre. Un escenario natural polo que ao longo destes 50 anos pasaron artistas como Milladoiro, Fuxan os Ventos, A Roda, o Mago Antón ou Fausto, entre moitos outros.

A presentación oficial do 50 aniversario da Festa Popular de Bronlle, diante do Concello de Moaña. / C.M.
Ampla programación
A cita deste ano será o vindeiro 15 de agosto e comezará ás 9.30 horas cunha ruta en bici de montaña con Bicivoladores. Será un roteiro de 30 quilómetros polos montes de Meira, con saída e chegada en Bronlle e coa colaboración de Froiz e Sanchilán.
Ás 10.00 horas haberá outro roteiro, pero este a pé entre o Pozo Garrido e castelo da Torre de Meira. Serán cinco quilómetros de dificultade media e coa colaboración da Comunidade de Montes de Meira.
A partir das 11.00 horas abrirá a feira de artesanía e ás 12.30 horas haberá un obradoiro de zumba para todas as idades, con Zumba-Fitness. Antes da hora do xantar, ás 13.30 horas, haberá unha foliada aberta con Meiramar-Axóuxeres.
O xantar na carballeira de Bronlle incluirá a presenza dun polbeiro, un posto con ovos fritidos e pan de millo.
Pola tarde, desde ás 16.00 horas haberá xogos populares coa Asociación Veciñal Nova Meira e as 17.30 horas unha actuación infantil con Pajarito e o espectáculo «A estrada». Ás 19.00 horas será a quenda dun obradoiro de baile con Meiramar-Axóuxeres e o peche será a partir das 20.00 horas cun concerto de Carapaus.

O panel conmemorativo polo 50 aniversario da Festa Popular de Bronlle. / C.M.
Solidariedade
Desde a organización da Festa Popular de Bronlle explican que ao longo de todo o día haberá un punto de recollida de alimentos non perecedoiros e de produtos de limpeza e hixiene, que serán achegados a Cáritas Meira para logo repartilos entre as familias con menos recursos.
Para este 50 aniversario da romaría vaise colocar un sinal ou panel conmemorativo, que inclúe unha fotografía do ano 1981 e co público asistindo ao espectáculo do Mago Antón. A imaxe foi cedida por Manuel Pérez Rúa-Asociación A Mira(n)da e compleméntase cun texto explicativo ao redor da historia da Festa Popular de Bronlle. Desde a organización aproveitan para solicitar a colaboración veciñal para recoller máis imaxes e fotografías para documentar a historia desta romaría que non se pode voltar a perder.
Suscríbete para seguir leyendo
- El conductor de un vehículo persigue al de un autobús hasta la estación de Cangas y le rompe una puerta y el limpiaparabrisas
- La isla de Ons pierde parte de su luz: adiós a Áurea Reiriz Otero, farera, percebeira, cantadora y pandeireteira
- «Valoria B» y «Tumberry C», duelo de titanes en la ría de Aldán
- Aparece abandonado un coche en A Fraga, en Moaña, con los airbags disparados y con vertido de aceite
- Adega denuncia la tala en la isla de Ons de plantas protegidas y en peligro de extinción durante los trabajos de la Xunta
- El BNG recuerda que el PP apoyó en el Senado pasar activos de Sareb a la Xunta
- El bateeiro «Cruceiro de Hío» ofrece una ruta turística en Aldán
- El semáforo con más precio de Cangas
