Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Antón Reixa Director de «Maruja Mallo. Metade anxo, metade marisco»

«Se Maruja Mallo non fose unha muller contaría cun maior nivel de recoñecemento»

O artista presenta no Museo Massó o seu documental sobre a figura de Maruja Mallo, una «figura esencial» comprender a cultura galega

Imaxe actual do escritor, músico e director Antón Reixa.

Imaxe actual do escritor, músico e director Antón Reixa. / AELG

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Bueu

Escritor, músico e creador audiovisual, Antón Reixa leva sendo unha das voces máis influentes da cultura galega contemporánea. Este xoves visita o Museo Massó de Bueu, ás 20.00 horas, para presentar o seu documental «Maruja Mallo. Metade anxo, metade marisco». Con motivo da proxección, conversa sobre o proceso de recuperación da memoria da pintora, o legado dunha das grandes artistas do século XX e dos vínculos da súa obra con Galicia e o mar.

Que o levou a contar a historia de Maruja Mallo e que sentiu que aínda quedaba por dicir sobre ela?

Quería achegarme á súa figura, coñecía a súa obra, e sobre o ano 1994, nunha exposición na CGAC de Santiago de Compostela, impresionoume bastante. Máis adiante tiven a sorte de recibir un encargo da Sociedade Española de Colaboracións Culturais, e puxen en marcha esta película documental coa axuda do pintor Antón Patiño, quen me introduciu á figura de Maruja. Con el fixen un percorrido pola súa vida e obra, e recollemos unha chea de testemuños relevantes. É sorprendente dende moitos puntos de vista, pero se non fose unha muller contaría cun nivel de recoñecemento maior, como Lorca, Dalí ou Buñuel.

Que quería conseguir con este documental máis aló de repasar a súa biografía?

Afondar no coñecemento da súa figura. Está moi vinculada á cultura de creación en España antes da República. Hai séculos que se distinguen claramente, como o de antes do golpe de Estado de 1936 e a fase a partir do seu exilio, que no seu caso non foi fácil porque tiña que manterse como artista. E, hai unha fase final posterior nos anos 80, na que volve empatar con moitísimos creadores plásticos, incluso hai fotos súas con Andy Warhol.

Que segue faltando para que Maruja Mallo ocupe o lugar que lle corresponde na historia da arte?

Nese momento foi vítima da situación global da muller e do mundo artístico. A predominancia de varóns implica un machismo por moi sutil que poida ser. Logo hai que ter en conta que era unha muller desinhibida, moi emancipada e aberta na súa vida afectiva. Iso se cala, nun mundo machista, desvirtúa un pouco a imaxe dunha muller tan avanzada coma ela.

Despois de todo o proceso de documentación, houbo algo que cambiase a imaxe que vostede tiña de Maruja Mallo?

O que máis me chamou a atención foi a súa figura humana, esa radicalidade e coherencia. Por exemplo, tivo unha relación amorosa con Rafael Alberti na que acaba sendo case a perdedora, digamos, e fai unhas declaracións unha vez rematada a guerra, xa instalada en España, que impactou moito, que é que ela di que a calidade humana das persoas se mide pola capacidade de aguantar a soidade. Tivo un universo de amizades inmenso, pero sempre quedou consigo mesma. Esa reivindicación da soidade ten algo de tráxico, e a min impactoume moitísimo.

O documental titúlase “Maruja Mallo. Metade anxo, metade marisco”. Que simboliza o mar dentro da súa vida e obra?

Pois hai unha presenza moi clara do mar nos chamados cadernos de luz, que son o impacto para ela de todo o que é a materialidade da vida mariñeira, as embarcacións, os aparellos de pesca... E ten unha época en América Latina na que entra nunha iconografía que ten moito que ver co mundo das cunchas. Parece que estivese inventando prototipos de cunchas, ¿non?

Que sentido ten proxectar este documental precisamente nun museo como o de Massó?

Para min é un paso importante. É curioso que unha película, que xa che digo que foi feita hai uns 15 anos, teña un oco neste tipo de presentacións de agora. E ben, a figura de Mallo, con todo o que pasa normalmente cos artistas cando morren, semella ter máis importancia agora que en vida. Para min o importante é que os asistentes perciban o impacto da súa figura e sigan tratando de coñecela.

En Bueu, ademais de ser parte da historia desta artista, que cre que pode conectar ao público coa súa figura?

Bueno, o cine documental ten a característica primaria de xerar coñcemento. Entón, eu creo que quero promover o coñecemento e a reflexión a partir da figura da que foi unha grande artista e unha muller comprometida. Foi unha muller independente e empoderada, ¿non? Para min esa clase de figura é moi importante que se divulgue.

Que cre que nos di hoxe a obra de Maruja Mallo sobre a sociedade, case un século despois de ser creada?

Bueno, pois fundamentalmente a transversalidade e universalidade que ten a creación artística. De como ás veces hai códigos de interpretación da vida que sobreviven aos cambios históricos e seguen sendo válidos. En todo caso, hai algo que é inefable, pero que está aí, que é a beleza. Esta plásmase nunha obra e iso sigue sendo vixente durante anos. Lamentablemente creo que aínda queda moito por avanzar no recoñecemento do feminismo e da condición da muller, e na extinción do machismo, que tamén é importante.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents