Historia
Cangas plató de cine (II)
A xeralización das rodaxes a cor a finais dos anos 60 e os equipos pequenos que facilitan o traballo permitiron que o cinema galego alcanzase un importante nivel. O autor repasa os filmes rodados dende entón nas paisaxes da vila de Cangas tanto total como parcialmente

Cartaz do documental «A Conserveira», do ano 2011. | FDV

Ata finais dos anos sesenta non se xeralizan as rodaxes a cor e coa chegada deste século irrumpen os formatos dixitais que facilitan as rodaxes con pequenos equipos de filmación e a posprodución co tratamento das imaxes. Neste periodo, o cine galego vai alcanzar un importante nivel cun gran plantel de actores e actrices, produtoras, guionistas e técnicos xa cunha formación específica, autónoma ou docente e un certo apoio institucional co que, neste sentido, poderiamos falar dunha certa industria cinematográfica en Galicia
Outra película que tivo parte da sua rodaxe en Cangas, concretamente en Cabo Home, foi «La Novia de Medianoche» dirixida polo director coruñés Antonio F. Simón. Este filme foi rodado a penas nun mes (do tres de marzo ao 5 de abril de 1997) e era adaptación dun guión inédito escrito por Luis Buñuel e José Luis Barcia en 1945. Ademáis de Cabo Home, Redondela, Pontevedra e Caminha foron outras localizacións tanto de interiores como de exteriores, intervindo como actores Nancho Novo, Esperanza Roy, Francisco Rabal e Juan Diego que pernoctaron en Cangas o día da rodaxe, protagonizando estes dous últimos unha longa «velada interpretativa» no pub Canis Lupus que sorprendeu e abraiou á clientela. O argumento desta longametraxe acontece no século XIX no ficticio Pazo do Pousadouro (Redondela) no que vive unha acudalada viuva coa sua familia e criados Viven aillados do mundo por culpa duns graves sucesos que aconteceran dez anos atrás e polos que son chantaxeados por coñecedores dos mesmos. A pesar do nome do autor do guión e do elenco de actores, a película, estreada este mesmo ano 1997 non tivo o éxito esperado.

Cartaz de «El Triste Olor de la Carne». | / FDV
En 2011 o realizador catalán David Batlle visita Cangas para interesarse sobre a fábrica de Massó e documentar industrias abandonadas pero descubriu que a fábrica de Lago Paganini seguía activa, interesándose polo traballo que alí se realizaba. Xa que logo, decidiu realizar unha curta na que gravou durante dez días o labor artesanal que se realizaba co apoio dos propietarios sen saberen ambos que a fábrica ardería en decembro. Esta curta documental presentouse no Festival Curtocircuito de Santiago e o autor tamén tiña realizado antes a película, «Cuchillo de palo» e a curta «Mapas Migrantes» en 2009. No ano 2012 a Produtora Faro vai rodar a película «A paixón de María Soliña» pero inexplicablemente, pois así o agardabamos, ningunha das suas localizacións tivo Cangas como escenario.

O director Cristóbal Arteaga e rodaxe en Cabo Home. | / FDV
Durante o verán de 2013, o faro de Cabo Home volve a ser o centro da rodaxe dunha longametraxe de 85 minutos titulada «Faro sin isla» que tivo como peculiaridade a sua autofinanciación e coprodución grazas a colaboración de trinta mozos tamén cineastas. O guión e a dirección deste filme, ópera prima de Cristóbal Arteaga, chileno afincado en Galicia, contou co apoio dun costarricense e dous galegos. O personaxe principal está interpretado por Lois Soaxe, facendo outros papeis Nico Romero, Mariano Andrés Soto e Uxía Blanco. «Faro sin isla» é unha proposta de cine diferente, alonxada dos circuitos comerciais, primando a creatividade no guión e na realización das imaxes. Curiosamente, esta película sería estreada no festival de Xixón en novembro de 2014, despois de que o seu director xa obtivera en 2013 varios recoñecementos pola película «El triste olor de la carne» no ano anterior. A rodaxe, que se prolongaría un mes e medio, foi compartida por todos os implicados na produción, que residían nos bungalós de Nerga, de onde cada día, incluso con mal tempo, partían en coches particulares ás localizacións da rodaxe, basicamente o entorno de Cabo Home e a praia de Melide. Outra curiosidade deste filme é que a maioría dos cartos recadados foron destinados a pagar a posprodución do son, a sua presentación nos festivais de cine, a estrea nunha sala e a campaña publicitaria. O argumento da película xira en torno a un exmecánico mariño de 45 anos, afervoado católico, que abandonado pola sua muller asume a sua culpabilidade e entra a traballar como fareiro nunha illa frente ao océano con dous compañeiros. Ao fin, fica só na illa e no medio da soedade deberá enfrentarse consigo mesmo nas suas dúbidas relixiosas e en extraños acontecementos no seu restrinxido entorno.

A directora filipina Sigrid Andrea Bernardo e a rodaxe en Cabo Home. | / FDV
Ainda que a película «El Triste olor de la carne», tamén de Cristóbal Arteaga, foi rodada en Vigo despois de «Faro sin isla», a sua financiación correu a cargo da produtora canguesa Deica, de Pio Cribeiro. Este segundo filme do chileno sorprendeu pola sua íntegra rodaxe en plano-secuencia e foi estreado na sección Forum of independents de Karlovy Vary en 2013. Neste mesmo ano foi o gañador da sección «Resistencias» do Festival de Cine Europeo de Sevilla, seleccionado na sección Límites do Festival Internacional de Cine de Xixón, obtendo unha mención especial no OUFF (Festival de Cine Internacional de Ourense) entre outros.

Cartaz do filme «La novia de medianoche», de 1997. | / FdV
En maio de 2014, despois de rodar en Madrid, o director galego Carlos Sedes trasládase a Cangas para gravar durante tres semanas, escenas na praia de Melide e arredores da película «El club de los incomprendidos». A película, a cargo da produtora galega Bambú de Ramón Campos, está interpretada por Charlotte Vega, Ivana Baquero, Yon González, Álex Maruny, Michelle Calvo, Andrea Trepat, Iria del Río, Jorge Clemente, Álvaro Díaz Rodríguez e Paula Muñoz, algún deles moi premiados polo seu traballo actoral. O argumento, guionizado por Ramón Campos, Gema R. Neira, Cristóbal Garrido e Adolfo Valor está baseado na exitosa novela «Buenos días, princesa» de Blue Jeans, a historia dunha moza galega que acaba de trasladarse a Madrid ao se separaren os seus pais. No seu novo instituto e debido á sua conduta, vese obrigada a acudir a unhas reunións co orientador xunto con outros compañeiros de clase...

Cris Cembe co Goya gañado por "Soy una tumba" do ano 2017. / FdV
Neste mesmo ano 2014, o cineasta e fotógrafo cangués Borja Brun vai dirixir a película de 72 minutos titulada «Diet of sex» cun guión elaborado por el mesmo e Mighello Blanco. Borja iniciaríase no audovisual no instituto María Soliño e logo estuda Realización na escola de Imaxe e Son de Ourense. Logo traballa en Televisión Española Galicia realizando series e documentais e despois nunha produtora galega para centrarse logo no ámbito da fotografía ainda que sen deixar o ámbito cinematográfico, realizando memorables documentais sobre as xentes da sua vila como «A memoria do Sal», «Irei a Darbo» ou a serie de entrevistas con persoeiros cangueses recopilada no Arquivo Biblioteca Canguesa Dixital (ABCD), ademáis de numerosos clips de video que apoiaron proxectos culturais da sua vila.
A sua longametraxe «Diet of Sex», foi rodada integramente en Cangas e conta no seu reparto coa intervención de Raquel Martínez, Marc Rodríguez, Ramón Pantoja, Che Mariño, Antón Lamapereira, Ángeles Menduiña, Alberto Casqueiro e na fotografía con Pío Cribeiro Malvido e Pablo Kaufmann. Esta especie de comedia dramático-erótico-gastronómica narra os intentos de Marc por axudar a Ágata a superar un trastorno sicolóxico que lle impide experimentar pracer sexual a pesar das suas moitas relacións. Entón Marc intentará resolverlle o problema a través dunha dieta alimentar baseada no xeito de preparar e presentar a comida, iniciándose unha especie de viaxe culinario/sexual por todo un abano de sabores. Esta película foi presentada en varios festivais, entre eles o Internacional de Las Vegas (USA).

Arteaga (1º) e Pío Cribeiro (3º) no festival de Sevilla 2013. / FdV
«Soy una tumba» é unha curta de animación de doce minutos baixo a dirección e guión de Kris Cembe e producido por Iván Miñambres e Nicolás Schmerkin. As imaxes de fondo foron rodadas en diversas localizacións de Cangas no ano 2017 e o audio orixinal fíxose en galego con subtítulos en castelán e euskera. No ano seguinte foi estreada na sección oficial do Festival Internacional de Clermont-Ferrand (Francia), logrando también a nominación aos premios Goya. O seu argumento transcorre nun pobo da costa galega na época da mudanza do contrabando de tabaco ao da droga. Un cativo que axexa agochado a operación de descarga na que participa o seu pai, tamén presenza un asasinato. O medo vaino levar, na descarga do seu trauma a través dos seus soños, ata unha vella barca coa que atravesará a barreira que o separaba do mundo adulto.

El club de los incomprendidos. / FDV
A carreira autodidacta de Kris Cembe comezaría en 2004 participando en varios proxectos de animación que alcanzaron éxito e premios como o Goya. Con esta curta animada, «Soy una tumba», conseguiría o recoñecemento do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) dándolle a segunda maior subvención do ano a un corto de animación e o seu ingreso como membro desta alta institución do cine español. Ainda que Kris Cembe naceu en Madrid e desde hai anos está afincado en Barcelona pero nas numerosas reseñas sobre a sua creativa produción, figura como oriundo de Cangas.
O día 15 de febreiro de 2023, a actriz, guionista e directora de cine filipina Sigrid Andrea Bernardo que cun nutrido grupo de actores e técnicos estivo rodando exteriores en Cabo Home e no barco de pasaxe para o seu filme «Dahil? Kasi...» («Por que? Porque...»). Resulta chamativa esta rodaxe aquí dunha historia de amor filipina, ás que son moi aditos alá, pero a trama desenvólvese no mundo da conserva e de seguro que a directora, o elenco e os técnicos que viñan a París para presentar un dos seus filmes (Nada como París), aproveitaron para rodar escenas desta nova película.

Rodaxe na praia de Barra do filme Diet of Sex. / FDV
Outra longametraxe rodada parcialmente en Cangas foi «Heiwa» (Paz en xaponés) do vigués Alejandro Pacheco que foi preestreada no auditorio da nosa vila o 24 de outubro de 2024 e conta co veterano actor cangués Ramiro Pousada como un dos protagonistas. Na película interveñen os estudantes da Acting School, academia de cine viguesa, dirixida por Pacheco e alcanzou ata oito nominacións nos premios Mestre Mateo. Heiwa preséntase como un filme dramático de aventuras cunha trama de suspense arredor do desenvolvemento persoal e a superación de situacións traumáticas ou difíciles. Alejandro Pacheco retornaría a Vigo en 2018 despois de cursar estudos de cinematografía e pasar por varias experiencias formativas. No ano seguinte realiza a longametraxe «Ann & West. El Tesoro de las Seis Caras» e posteriormente a curta «Resiliencia». En 2024, ademais de «Heiwa» realiza a curta «As mulleres do pilón» na que se denuncia a violencia de xénero a través das confidencias dunhas lavandeiras. A versión orixinal destas últimas películas é en galego e en xaneiro de 2025 rodaría cos alumnos da academia un capítulo piloto no hotel Rodeiramar de Cangas con destino a unha posible serie.
Suscríbete para seguir leyendo
- Pinchan las ruedas de 10 coches de portugueses en la playa de Areacova
- «O que faltaba», un bateeiro con una segunda vida
- Cangas acota la Caracola y Moaña refuerza la vigilancia por el eclipse
- Lara Tronti y Hugo Pérez dan la bienvenida a Carlota, su segundo hijo: «Nuestro pequeño secreto»
- La crisis del pulpo se agudiza y la flota empieza a amarrar por la caída de capturas
- Cangas reúne a miles de personas para ver el eclipse, con la Caracola de Cabo Home y la playa de Rodeira como observatorios de privilegio
- Pais de San Roque celebra su 40 aniversario
- La Cofradía de Cangas supera los 600.000 euros de facturación en el mejor mes de julio de toda su historia