Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Mondra Cantante e artista

«A música de raíz está atopando o seu espazo dentro da escena»

Mondra participa este sábado na 42ª edición do Festival Intercéltico de Moaña. Reivindica unha tradición viva e capaz de dialogar co presente

Imaxe actual do artista Mondra.

Imaxe actual do artista Mondra. / Sofía Taboada

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Moaña

Martín Mondragón (Recesende, 2000), máis coñecido artisticamente como Mondra, é unha das voces máis singulares da nova música galega, capaz de unir tradición, vangarda e identidade nunha proposta propia. O artista subirá este sábado ao escenario do Festival Intercéltico de Moaña compartindo cartel coa histórica banda británica Flook, na última das grandes noites do 42ª edición do certame.

Vén ao Intercéltico de Moaña con De Ronda xa moi rodado, que cambiou no espectáculo dende os primeiros concertos ata agora?

As 5 persoas que estamos facendo música no escenario creo que sempre temos ese nervio previo de «Ai, que se me pode esquecer algo», e de súpeto ao subir está moi dentro de ti. Penso que xa fixemos «A Ronda» en espazos, situacións e enerxías tan diversas que estamos moi dentro dela. Algunhas das novas cancións como «Mazarocas», con Baiuca, tamén se unen á Ronda e forman parte do espectáculo.

Despois de Arden e De Ronda, atopou a súa linguaxe ou aínda está descubríndoa?

Hai elementos que seguen presentes dende o inicio e fan recoñecible a nosa sonoridade, pero cada proxecto, disco e xira vai ser diferente en función de quen vou sendo como persoa, artista e creador. É unha evolución e un cambio constante pero con conceptos sempre presentes.

Pensa que a música tradicional galega está atopando o seu espazo dentro da escena?

Eu creo que si, que a música de raíz está atopando o seu espazo,e é marabilloso porque faino con representacións moi diversas. Falando con referentes coma Xabier Díaz e Uxía Pedreira sempre se sorprenden moito con que teñamos concertos multitudinarios onde a protagonista é a pandeireta.

É xa un referente neste tipo de música, sinte algún tipo de responsabilidade ou presión?

Síntese coma unha responsabilidade positiva. Está a parte de dicir o que cres adecuado en cada momento, pero tamén a de dar voz a aquelas causas que non a teñen. E o público quen nos da esa oportunidade, e dálle sentido ao noso traballo.

O Intercéltico reúne propostas moi distintas unidas polas raíces, que significa formar parte?

Síntome moi agradecido de que se lea esa parte do meu proxecto, ese diálogo constante coa tradición galega, coa música de raíz e que se teña en conta para un festival así, ademais a nosa compañeira do Morrazo, Saínza Piñeiro, di que é un festival moi lindo e imos con moitas ganas.

Como axudan estes festivais á difusión da cultura?

Igual a través de realidades ou tendencias que poden ser máis familiares a persoas que lles é allea a musica de raíz a través deses elementos e que tiñan o prexuízo de que podía ser música do pasado.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents