María Novas, arquitecta e autora do libro "A praia de Bueu. Historia urbana"
"Basear o desenvolvemento urbano na especulación non ten sentido"
O Centro Social do Mar de Bueu acolle este xoves a presentación do libro de investigación da arquitecta da localidade sobre a historia urbana da vila

María Novas co seu libro nas mans. / Fdv
Como arquitecta gústalle investigar, pensa que antes de promover máis obra hai que pararse a reflexionar, coñocer a historia. María Novas (Bueu, 1987), presenta hoxe no Centro Social do Mar ((20:00 horas) o seu libro «A praia de Bueu. Historia urbana», no que analiza o proceso de transformación urbana da vila , inseparable da súa identidade mariñeira. Arquitecta pola Universidade de A Coruña e máster en Investigación Aplicada en Estudos de Xénero e en Rexeneración Urbana, é profesora e investigadora científica na cátedra de Historia e Teoía do Deseño Urbano en la ETH Zurich. Ten publicado artigos e libros que exploran cómo os movementos feministas influíron na arquitectura. O seu libro «Arquitectura e xénero: unha introdución posible» (2021) foi galardoado na 16ª Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo na categoría de Investigación e Divulgación.
Que atopamos en “A Praia de Bueu. Historia urbana”?
Un percorrido pola historia da orixe e construción do núcleo urbano de Bueu, que naceu ao longo da Praia de Bueu, un longo areal de aproximadamente un kilómetro de lonxitude onde ía a verter o val sobre o que asentaban os núcleos máis antigos, dende a Idade Antiga, pasando pola Idade Media e aModerna á Contemporánea. Sendo un dos fitos chave o encargo por parte do Concello de Bueu do Plano de Poboación e Ensanche da Vila en 1927 ao enxeñeiro Rafael Picó.
Como xurdiu a idea de escribir este libro?
Remóntase a un traballo que realicei no verán de 2008 para unha materia optativa en terceiro de carreira, chamado “Historia Urbana. A construción da Galiza Urbana”, a cargo do profesor Xosé Lois Martínez na Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) da Universidade da Coruña (UDC).Aquela foi a miña primeira investigación pasando moitas mañás no Arquivo Municipal de Bueu. Logo traballei un ano en Urbanismo do Concello de Bueu, e empapeime moito máis na historia e planificación futura da vila. O Museo Massó interesouse tamén en continuar o traballo, e fixen dúas extensións do texto consultando tamén o seu arquivo, en 2016 e 2019. Esta última versión serviría en parte como base para a elaboración da exposición “Crecer co mar: os gozos e as sombras dunha vila mariñeira,” aberta dos anos 2019 ao 2021 no museo. Este traballo foi chave para dar forma ao manuscrito, daquela xa puiden colaborar con Arturo Sánchez Cidrás, quen revisou o texto, e de aí saíu a idea de publicar o libro, que finalmente tomou forma a partir da colaboración do Concello de Bueu, e o Grupo de Investigación de Análise Territorial (ANTE), liderado polo Catedrático de Análise Xeográfica Rexional Rubén Lois González da Universidade de Santiago . Foi publicado pola editora da propia universidade. Para o texto final, ampliei a consulta de arquivos e de fontes documentais publicadas, moitas delas por persoas como Arturo, que levan décadas facendo un traballo importante sen o cal este libro non sería posible.

Plano de Poboación de Rafael Picó no ano 1927. / Arquivo do autora
Que ten de peculiar o casco urbano de Bueu?
Contar cun Plano de Poboación e Ensanche da Vila De Bueu dos anos vinte que definiu de maneira chave o futuro desenvolvemento urbano da vila. Aínda que descoñecida, é unha historia singular que explica porque en Bueu, a pesar de ser unha vila pequena, contemos cunha cuadrícula con superblocks dunha escala considerable, que minguan conforme se achegan á parte interior do val (de aproximadamente 85x110 metros), pero que acada medidas de escala colosal na liña de mazás costeira de tamaños aproximados 80x140, 120x110, 150x110, chegando aos 150x140 metros. Mais o ríxido desta cuadrícula ortogonal que se adapta á liña costeira, lamentablemente non fixo excepcións ao atoparse con elementos orgánicos e naturais como pode ser o paso dun río, os camiños de pé tradicionais ou as variacións na composición do terreo, dando lugar a moitos dos problemas de orde ecolóxica que enfrontamos hoxe en día. Aínda así, moitas rúas deste Bueu primitivo, presentaban un arborado denso, tiñan sombra, e as pontes nas rúas que cruzaban os regatos eran visibles, a auga formaba parte da vivencia urbana.

Imaxe antiga de Bueu. / Aquivo Museo Massó
Por que a investigación sendo arquitecta?
A solución aos graves problemas, como a crise climática, a mobilidade sostible ou a xestión xusta dos recursos non sempre pasa por promover máis obra nova, senón por pararse e reflexionar, coñecer a nosa historia, os recursos e tradicións construtivas locais, así como preservar e rehabilitar moito do que xa se fixo. De ter feito antes este traballo agora ao mellor estaríamos nun lugar diferente, e o conxunto arquitectónico tradicional de Bueu, historicamente desvalorado, non tería sido destruído con tanta impunidade nas últimas décadas. Basear o desenvolvemento urbano na especulación e destrución do patrimonio construído non ten sentido. No camiño, ademais, perdemos auténticas xoias arquitectónicas. O Cine Avenida tiña un gran auditorio de máis de catrocentas prazas, aproximadamente o dobre do Centro Social do Mar. No seu lugar temos un edificio de vivendas en altura. A nave da fábrica Massó, unha impresionante estrutura prefabricada de ferro fundido, podería constituír un gran espazo cuberto de uso público polivalente no corazón da vila, sen ter que recorrer a solucións efémeras e precarias de carpas que non acaban de atopar o seu lugar. Por non falar da demolición da fábrica de Alonso en Pescadoira, ou das múltiples vivendas que conformaban a fronte marítima de Bueu, moitas delas aínda abandonadas e en risco de desaparición. Se tomamos consciencia, aínda estamos a tempo de preservar algúns destes vestixios.

Outra imaxe antiga de Bueu. / Arquivo Museo Massó
Un edificio por excelencia?
Non destacaría un edificio único, senón o conxunto que formaban as vivendas e construcións tradicionais, que conformaban o núcleo antes da chegada dos materiais industrializados, e que agora conservamos so en parte. n
Suscríbete para seguir leyendo
- Medio Ambiente ha impuesto medio centenar de multas en lo que va de verano por aparcar en las dunas de Nerga y Viñó, y en otros espacios de Red Natura en Cangas
- Denuncian que Moaña impide el uso de un bajo comercial por irregularidades de un edificio en el que sí permite vivir
- Pinchan las ruedas de 10 coches de portugueses en la playa de Areacova
- «Ya no me queda nada por hacer en el partido ni en la política»
- Tres heridos en dos accidentes de tráfico en Cangas y Moaña
- Dos heridos por un atropello en la bajada a la playa de Nerga, en O Hío
- Cangas acota la Caracola y Moaña refuerza la vigilancia por el eclipse
- La crisis del pulpo se agudiza y la flota empieza a amarrar por la caída de capturas