Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cangas plató de cine (I)

O concello de Cangas serviu como plató natural para a realización de películas ou como centro de produción. Nesta colaboración de dous entregas, o investigador Xerardo Dasairas repasa gravacións feitas por José Gil en 1912, o asturiano Manolo Noriega, José Suárez, Mikko Niskanen e Laure Ikonen, Mario Camus ou Rafael Moreno

José Suárez con Akira Kurosawa. | ARQUIVO DO AUTOR

José Suárez con Akira Kurosawa. | ARQUIVO DO AUTOR

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Xerardo Dasairas

Xerardo Dasairas

Cangas

Non imos incidir de novo no tema da chegada do cinematógrafo a Cangas e da sua expansión na vila, senón das veces que o territorio do noso concello serviu como plató natural para a realización de películas, curtas ou longas ou como centro de iniciativas e produción das mesmas. Os intervalos entre rodaxes foron longos nos primeiros tempos e máis curtos neste século, abranxendo un periodo de máis de cen anos. Estes filmes ben poderían conformar un ciclo de exhibición baixo a premisa exposta no título deste artigo.

Fotrograma Entroido do Hio 1950. | ARQUIVO DO AUTOR

Fotrograma Entroido do Hio 1950. | ARQUIVO DO AUTOR

Cabe que foi o fotógrafo José Gil Gil das Neves, asentado en Vigo, quen primeiro rodou imaxes animadas por esta e outras zonas da ría para conformar os seus documentais. Foi pioneiro do cine en Galicia e abriu a empresa Galicia cinegráfica para a realización e comercialización das suas reportaxes gráficas. No ano 1912 Gil xa estivera en Cangas para proxectar nas festas do Cristo un documental sobre o Corpus de Redondela e temos constancia de que José Gil mantivo unha estreita relación cinematográfica coa nosa vila e cabe que destas visitas entablase relación co fotógrafo local Ramón Ocaña que se interesou polo cinematógrafo. Xa que logo, Ocaña filmaría nos anos vinte cunha cámara, non sabemos se alugada ou emprestada por Gil, unha reportaxe cinematográfica dun baile de Entroido no Centro Recreativo e no 1929 dos actos de fusión da Tertulia Recreativa co Centro Recreativo. A pesar das pescudas realizadas non conseguimos nen sequera unha pista sobre estas duas filmacións.

Mikko Niskanen e Lauri Ikonen con Cesar Cervera 1964. | ARQUIVO DO AUTOR

Mikko Niskanen e Lauri Ikonen con Cesar Cervera 1964. | ARQUIVO DO AUTOR

O 18 de setembro de 1924 chegaría pola tarde a Cangas o escritor Alejandro Pérez Lugín, autor da novela «La Casa de la Troya» e o actor e director de cine asturiano, Manuel Noriega Ruiz cun equipo de cine para tomar imaxes da ría para a película que se estaba a realizar sobre o seu libro. Manolo Noriega, como era máis coñecido, formouse en México como actor e dirixiu varias películas desde a sua produtora fundada en Estados Unidos. En 1923 retorna a España e nos seus tres anos de estadía filmaría un par de filmes costumistas e este que comentamos, que tivo un gran éxito de espectadores. Esta película estrearíase en Cangas o día 6 de setembro do 1925 no cine-teatro «Príncipe Alfonso» de Cangas con gran espectación e éxito de público, igual que en toda España. Tanto foi así, que se exhibiría en Estados Unidos co título de «College boarding house» e no ano 1930 Hollywood faría unha adaptación co título de «In gay Madrid» á que lle seguiron outras tres, a última de 1959.

José Gil Gil Galicia cinegráfica. | ARQUIVO DO AUTOR

José Gil Gil Galicia cinegráfica. | / ARQUIVO DO AUTOR

En xuño de 1935, o fotógrafo alaricano José Suárez comeza a gravación de imaxes para un dos catro documentais que a produtora Cifesa lle tiña contratado para exhibir nos cines antes da proxección das películas. O primeiro deles foi «Mariñeiros», rodado en Cangas e Bueu, mais cando do soerguemento militar do 1936 a película quedaría sen revelar. Suárez vai fuxir por Lisboa cara a Arxentina pero neste tempo Cifesa realiza este proceso na capital portuguesa e o fotógrafo leva unha copia con el, que se montaría en Bos Aires. Cifesa estrearía nesta cidade, en xuño de 1938 a película de sesenta minutos, só con breves diálogos e cancións populares das xentes e música de gaitas pero que estivo quince días en cartel. Pola sua temática e imaxes, os críticos arxentinos comparárona co épico documental mariñeiro «Homes de Arán» (Man of Aran, 1934), de Robert J. Flaherty. En España só consta a sua estrea no cine Salón Imperial de Sevilla o 11 de xuño de 1942.

Alejandro Pérez Lujín. | ARQUIVO DO AUTOR

Alejandro Pérez Lujín. | / ARQUIVO DO AUTOR

Durante o verán de 1941, Cangas foi o centro da rodaxe da longametraxe «Unos pasos de mujer», producida por Suevia Fims do vigués Cesáreo González e dirixida por Eusebio Fernández Ardavin, intervindo actores como Lina Yegros, Fernando Fernández de Córdoba, o cómico galego Xan das Bolas ou Antonio Casas. Esta película, na que tén unha certa relevancia a romaría de San Roque, baseábase na novela homónima do escritor galego Wenceslao Fernández Flores pero mudando a trama dun trío amoroso nunha localidade mineira para situalo noutra de carácter mariñeiro nunha factoría pesqueira, mudando moitos aspectos da novela, o carácter dos personaxes e sobre todo o final. Estrearíase en Vigo o 20 de febreiro do 1942.

Manuel Noriega. | ARQUIVO DO AUTOR

Manuel Noriega. | / ARQUIVO DO AUTOR

Ata os anos cincuenta non volvemos a ter noticias de gravacións de imaxes na nosa zona e estas realízanse da man de particulares que posuían os chamados tomavistas o cámaras de oito milímetros. Entre algunhas destas filmacións en película de oito milímetros destaca, excluindo a temática familiar e turística da maioría, unha gravación dos mariñeiros de Cangas no Berbés e outra do Entroido do Hio.

Cesáreo González con Carmen Sevilla en Massó 1950. | FDV

Cesáreo González con Carmen Sevilla en Massó 1950. / | FDV

Entre finais de xullo e principios de agosto do 1964, o director e o cámara finlandeses, Mikko Niskanen e Lauri Ikonen, chegaron a Cangas para rodar unha parte dun documental da televisión estatal do seu país sobre España e o seu modo real de vida. Na sua estadía en Cangas estiveron acompañados por César Cervera como tradutor do inglés e rodaron imaxes na sua fábrica de conservas e nunha batea para mostrar o proceso de cría, extracción e conserva do mexillón.

«Unos pasos de mujer». Agosto de 1941. | ARQUIVO DO AUTOR

«Unos pasos de mujer». Agosto de 1941. | / ARQUIVO DO AUTOR

Desde o 25 de xullo de 1971 comeza a emitir o Centro Territorial da RTVE en Galicia e elaboran numerosos documentais en galego sobre a vida e o traballo das xentes da costa e do interior. Incluimos esta reseña aquí pois Cangas aparece en moitos deles que foron rodados daquela en formato cine e que puidemos visionar cunha vella moviola nos estudos que tiñan daquela nos faios do pazo de Raxoi, sé do Concello santiagués.

Fotograma dun documental anos setenta TVE. | ARQUIVO DO AUTOR

Fotograma dun documental anos setenta TVE. | ARQUIVO DO AUTOR

No ano 1974, chegaría a Cangas o director Mario Camus para rodar escenas da película «La joven casada» na baleeira de Massó e que se estrearía no ano seguinte. A actriz principal era a coñecida actriz italiana Ornella Muti e a sua presenza no recinto da fábrica espertou a curiosidade dos operarios, que aproveitaron a hora do xantar para ver a rodaxe, destacando que era guapísima e moi noviña, chamándolles a atención que levase un pantalón vaqueiro rachado nos xeonllos e cunha pérola incrustada.

Cartel da película "La joven casada" (1975).

Cartel da película "La joven casada" (1975). / Usuario

A película foi un éxito que encheu as salas dos cines, sendo unha das pioneiras do chamado «cine de destape» na España do último franquismo. Porén, detrás da aparente frivolidade do film, este agochaba o dilema que plantexaba o franquismo nestes anos de cal sería o futuro: continuismo ou liberdade democrática. O mesmo nome da protagonista, Camino, alude á dirección a escoller (ditadura ou democracia) ao tempo que reflicte a realidade do país nestas datas.

Fotograma de «Mariñeiros». | ARQUIVO DO AUTOR

Fotograma de «Mariñeiros». | / ARQUIVO DO AUTOR

Ainda que sen relación cinematográfica directa con Cangas, non podemos deixar de mencionar pola sua repercusión social, a rodaxe en 1982 da serie televisiva «Los Gozos y las sombras», baseada na novela homónima de Gonzalo Torrente Ballester. Foi dirixida por Rafael Moreno Alba con localizacións en Bueu, Marín e Pontevedra e interpretada principalmente por Carlos Larrañaga, Eusebio Poncela e Charo López.

«La casa de la Troya». | ARQUIVO DO AUTOR

«La casa de la Troya». | / ARQUIVO DO AUTOR

*Investigador

Suscríbete para seguir leyendo

TEMAS

Tracking Pixel Contents