Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas | Iria Pinheiro Actriz de EXIT
«Sempre tiven polémica por facer humor sendo muller»
A dramaturga defende que esa comicidade «é o que nos salva de non tirarnos da ponte de Rande cando as cousas van mal»

Iria Pinheiro, caracterizada como a pitonisa Concha Cocos en EXIT. / Corsino
Carla Soliño
O humor, a polémica e as dificultades de abrirse paso como creadora escénica son cuestións que se plantexa a actriz moañesa de adopción Iria Pinheiro, que mañá, a partir das 12 da noite, presenta o espectáculo EXIT na Mostra de Cangas.
Que ten de especial unha cita como a Mostra de Cangas?
É a primeira vez que actúo nela e faime moita ilusión. Ademais, o público que vén habitualmente é marabilloso, así que vou confiada e agradecida.
O título xa desperta curiosidade. Que significa ese EXIT e de onde nace a idea do espectáculo?
É Dunha conversa informal con amigas actrices, sobre que facer ante a precariedade da profesión que penaliza ás mulleres pola súa idade. Exit significa saída en inglés e ten un parecido coa palabra éxito en galego. Pareceume boa idea para falar dos temas que aborda a peza.
Comparte escenario co pianista Manuel Gutiérrez, como xordeu esta colaboración e que aporta a música á narrativa?
Coñezo o traballo de Manuel Gutiérrez desde hai moitos anos, e pensei que era perfecto para acompañarme nesta aventura cabareteira. As músicas están compostas polos dous e son esenciais na narrativa dunha noite de variedades.
Por que escolle o humor para tratar temas máis complexos?
O humor é o que nos salva de non tirarnos da ponte de Rande cando as cousas van mal... Moitas veces as situacións duras da vida están atravesadas por anécdotas que parecen sacadas dunha comedia.
Cre que cada vez costa máis facer humor sen crear polémica?
Sempre atopei polémica por facer humor sendo muller. Partindo diso, non noto moita diferencia con outros tempos aparentemente menos fachas. Coido que iso estivo aí desde sempre e combatilo co humor paréceme acertado.
Moitos profesionais definen o teatro como unha carreira de resistencia. Desde a súa experiencia, pódese vivir hoxe desta profesión en Galicia?
Pódese vivir, pero tendo en conta precisamente que é unha carreira de resistencia. Cada vez hai máis actrices nas academias de oposicións e non deixa de ser un síntoma de como está a profesión.
Despois de tantos anos de traxectoria, segue tendo a mesma ilusión pola profesión?
Cada vez menos, quizais pola precariedade do camiño ou pola loita que significou facer teatro documental con perspectiva feminista.
Suscríbete para seguir leyendo
- El gobierno de Cangas no dudará en enviar a la Policía Local si los vendedores del mercadillo vuelven a retrasar su marcha
- El mercadillo de Cangas cerró hoy a su hora entre lamentos de los comerciantes
- La Cofradía de Pescadores de Aldán denuncia la presencia continuada de yates en el muelle, pese a estar probido
- Sufre una vía de agua al chocar con una batea y acaba varado en la playa de Barra
- Un velero de Portugal, encallado en la ría de Aldán
- El Darbo más Ye, yé
- El accidente que acabó con la vida de 'Michel' en Cangas sigue sin juicio casi dos años después
- Cangas aguarda por la devolución del material para balizar esta semana sus 20 playas principales