Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Noemí Rodríguez Actriz, dramaturga e pregoeira da Mostra de Teatro de Cangas

«Adoro os profesionais galegos polo seu rigor, seriedade e talento»

A autora ourensá ofrece mañá mércores o pregón da Mostra: «É marabilloso para agradecer o apoio ao meu traballo desde os inicios como directora e dramaturga»

Noemí Rodríguez. | YATIR FERNÁNDEZ «YATO»

Noemí Rodríguez. | YATIR FERNÁNDEZ «YATO»

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Cangas

Noemí Rodríguez (Allariz, 1987) é actriz, directora, autora e pedagoga. Formouse na ESAD de Galicia, obtivo o Máster de Artes Escénicas na Universidade de Vigo e realizou o posgrado en Londres becada pola Fundación Barrié. Traballou en Francia, Portugal, España, Inglaterra, Estados Unidos, Turquía e India e impartiu obradoiros de dramaturxia tamén en múltiples países. Foi coordinadora do Clube de Lectura do Centro Dramático Nacional (2023/24) e profesora da Real Escola Superior de Arte Dramática (24/25). Dese 2019 imparte obradoiros de creación de teatro para a Fundación La Caixa. Entre as súas obras destacan «Blast», «La distancia»,«Man Up», «Terceiro acto», «Interrupted», «Generación Way» y «Hoy puede ser mi gran noche», producidas por Teatro en Vilo, a compañía que fundou con Andrea Jiménez en 2013, disolta una década despois e pola que recibiu o Premio Ojo Crítico a súa traxectoria. Este mércores lee o pregón da Mostra de Teatro de Cangas (21:00 horas) onde impartirá do 25 a0 28 oobradoiro «Fai o teu» coa Asociación de Actrices e Actores de Galicia.

Actriz, directora, autora, pedagoga... Cando xurdiu en vostede a vocación polas artes escénicas?

Vén de moi atrás. Sendo moi cativa, xa no colexio me atraía todo o que tiña que ver coa interpretación de escenas, coa escritura e coa creación de ficción e relatos. Despois comecei a actuar grazas a unha marabillosa iniciativa que había no Concello de Allariz: unha compañía amateur chamada Compañía de Amigos de Marcial Suárez, en homenaxe ao dramaturgo alaricano. Foi aí onde puiden dar os meus primeiros pasos e ter as miñas primeiras aprendizaxes e toma de contacto co teatro.

Na súa traxectoria figuran traballos en Francia, Portugal, España, Inglaterra, Estados Unidos ou a India. ¿Que selo lle falta na maleta?

A verdade é que me faltan moitísimos selos. Queda moi ben nos currículos falar de países afastados ou de lugares que impresionan polo nome, pero ao final os selos que realmente importan son os dos lugares que apoian o teu traballo de maneira continuada e consistente ao longo do tempo. No meu caso, son Galicia e España os espazos onde desenvolvín maioritariamente a miña actividade nos últimos anos e onde recibín un apoio constante. Máis alá da distancia ou da exotización dos destinos, valoro especialmente aqueles lugares que seguen acompañando, programando e reafirmando o teu traballo ao longo dunha traxectoria.

Como cre que está a formación en artes escénicas en Galicia?

Unha parte moi importante da miña historia é que, cando cumprín dezaoito anos e chegou o momento de decidir a que me quería dedicar, existía xa unha Escola Superior de Arte Dramática en Galicia. Iso permitiu que a miña familia puidese asumir os meus estudos. Se tivese que marchar a Madrid ou a outro lugar para estudar nun centro privado por exemplo, seguramente tería sido moito máis complicado. A existencia da escola é unha invitación moi forte para que a xente nova de Galicia se dedique ás artes escénicas.

E como está a profesión?

Eu tamén traballei moito fóra de Galicia, e o que podo dicir é que adoro aos profesionais galegos polo seu rigor, pola súa seriedade e polo seu talento. Hai xente de altísimo nivel en todos os ámbitos das artes escénicas: actores, actrices, dirección, dramaturxia, produción ou técnica.Creo que Galicia está vivindo un momento especialmente interesante no ámbito das artes escénicas. Hai creadoras e creadores desenvolvendo proxectos moi sólidos, cun recoñecemento crecente dentro e fóra do país.

Como autora, cal é o texto do que se sente máis orgullosa?

É unha pregunta complicada, porque me pasa un pouco como aos pais cos fillos: quéroas a todas por igual. Pero, por citar unha, diría Hoy Puede Ser Mi gran noche. É unha obra que estivo moitos anos en cartel, inspirada na infancia da miña irmá e mais na miña. Ademais, nela compartín escenario coa miña irmá Darlene, polo que lle teño un cariño moi especial.l

Como foi a experiencia do club de lectura no Centro Dramático Nacional?

Marabillosa. Permitiume determe no traballo doutras autoras e autores contemporáneos e achegarme aos seus textos desde un lugar distinto, máis analítico. Ademais, compartina cun grupo extraordinario de persoas que asistían ao club de lectura.

En 2019 recibiu o Premio Ollo Crítico pola súa traxectoria en Teatro en Vilo. Que pasou para que a compañía non continuase?

Creo que, sobre todo nunha carreira longa, hai diferentes ciclos e etapas. Para iniciar novos camiños ás veces é necesario pechar os anteriores. Foi unha decisión importante dentro da miña traxectoria profesional, despois dunha etapa marabillosa nun proxecto que me trouxo moitísimas alegrías.

Que lle supón ser pregoeira da Mostra?

Paréceme unha oportunidade marabillosa para agradecer o apoio que a Mostra e a xente de Cangas lle brindaron ao meu traballo desde os inicios da miña carreira como directora e dramaturga. É un espazo verdadeiramente único e poucas veces se ten a ocasión de expresar ese agradecemento en público.

Ourense marca?

Si, marca moitísimo. Unha artista bebe constantemente do lugar do que vén. O lugar de orixe forma parte de quen es como persoa e tamén como artista.idiosincrasia e polas súa xente. Todo iso está moi presente dun xeito ou otro na miña obra.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents