Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A familia Tato

Mandado Tato: a unión de dúas sagas burguesas con pasado en Aldán (III)

O investigador Anxo Coya conclúe a súa achega sobre a unión das familias Mandado e Tato. Enrique Mandado finaría por problemas de saúde en 1889 aos 42 anos de idade, mentras que Blanca Tato faleceu en maio de 1936 aos 83 anos.

Blanca Tato con familia.

Blanca Tato con familia. / Arquivo do autor

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Anxo Coya*

Cangas

María de las Mercedes Tato Tato casou en Alicante o 2 de novembro de 1874 con don Andrés Pastor y Santana, notario en Alcoy, Alicante e xa en 1880 en San Isidro, Nueva Écija, Manila, Filipinas. Era fillo de Francisco Pastor Ortíz, labrego natural de Villafranqueza, Denia e domiciliado en Alcázar de San Juan (Albacete) e de Josefa Santana da mentada localidade de Villafranqueza. Era neto paterno de don Andrés e de dona Antonia Ortíz. e materno de José Santana e de Lorenza Santana.

María del Carmen Tato Tato casou o 11 de abril de 1876 con Gaspar White Cumming Maucanley, de trinta anos, natural de Belfast (Irlanda do Norte), domiciliado na Calle Bilbao de Alicante e de profesión comerciante. Gaspar era fillo de don Juan e de dona Elisa. Unha vez trasladado a Manila o seu cuñado Andrés Pastor, notario, Cumming obtivo do mesmo, un poder pleno para promover calquera tipo de asuntos xudiciais na súa representación (demandas, ventas, compras, permutas, etc) en Alicante. O comercio e o seu cargo de vicecónsul e posteriormente xa en 1900 o de cónsul británico, fan que Gaspar Cumming se desprace a varias cidades entre ellas a francesa de Séte. Tiveron varios fillos relacionados co mundo da literatura e tamén do teatro.

Foto da familia de Blanca Tato, anterior a 1936.

Foto da familia de Blanca Tato, anterior a 1936. / Arquivo do autor

Pero o lazo que une a estas dúas familias coa parroquia de Aldán xorde a través da unión matrimonial de don Enrique Mandado Bermúdez con dona Blanca Tato Tato. Como xa dixemos, naceu dona Blanca o 7 de abril de 1853 en Matanzas. Casou en Alicante con don Enrique Mandado (viúvo) o 1 de marzo de 1877 e ao matrimonio aportou a cantidade de 10.000 pesetas. procedentes do legado do seu tío, don José María Tato, fundador do barrio de San Blas en Alicante (Los Tato: periodistas, almirantes y fundadores del barrio de San Blas.// Ramón Pérez).

Excursión no barco "Flor de Mayo".

Excursión no barco "Flor de Mayo". / Arquivo do autor

O 2 de marzo de 1887, ante o notario José Maneiro Morales, Enrique compra varias propiedades ao matrimonio de Gandón formado por María Benita Fernández Carballo e Serafín González Campo. Os bens constan de: «...Una casa compuesta de suétano y sobrado rodeada por un circundado en el que con una aira de majar separada por la parte del Norte por un camino de carro forma un lugar acasarado ó finca de labor y ocupa incluso los fondos de lo edificado la estensión de cuatro ferrados …».

Ademais desta casa con eira de mallar en Gandón, compra outros predios nomeados: Veiga da Viña, Devesa, Salgueiral, Rebordelo conocida tamén como Regueiriña, Castiñeira,Estanque,O Pradiño e incluso o dereito á moenda no muíño nominado do Pontillón, na aldea do Piñeiro, na propia parroquia de Aldán. A día de hoxe atópase na veiga de Rebordelo un lago ou estanque e tamén un pé dun muíño, do que pensamos que Enrique Mandado debeu mandar facer con intención de construir un muíño.

Esquela de Blanca Tato, en FARO DE VIGO.

Esquela de Blanca Tato, en FARO DE VIGO. / Arquivo do autor

Mais, tal vez achacoso de enfermidade, Enrique Mandado Bermúdez vende os mesmos bens a Manuel, Josefa e Manuela González Fernández, fillos dos anteriores propietarios. Enrique Mandado testou xunto con Blanca o 16 de abril de 1889, declarando ter tres fillos lexítimos: Roberto de nove anos, María del Carmen de oito e Enrique de seis, que serán seus herdeiros universais.

Enrique finou o 9 de maio de 1889 aos 42 anos de idade a causa dunha insuficencia valvular do corazón, sendo soterrado no cemiterio de Aldán. A dona Blanca reconocéuselle unha pensión de 1.250 pesetas que lle serían abonadas a partir do primeiro día de viuvez. En 1899 esta pensión foi reducida a 1000 pts por Real Decreto de 4 de abril dese mesmo ano. Blanca e seus fillos pasaron a residir na casa de San Cibrán de Aldán na derradeira etapa da súa vida. Ás necesidades de Blanca acudía a señora Clotilde, natural de Aldán e persoa importante na integridade de Blanca nesta parroquia. Consultamos variada correspondencia enviada polo seu cuñado Constantino Mandado Bermúdez. Neses correos ordinarios de 1896 fala do gran cariño amosado a Blanca e seus fillos. Incluso dá síntomas claros de problemas ocasionados na Guerra de Cuba e de padecer algunha enfermidade.

Acta de defunción de Blanca Tato, en mayo de 1936.

Acta de defunción de Blanca Tato, en mayo de 1936. / Arquivo do autor

Grazas á xentileza de Luis Pérez tamén sabemos Blanca Tato vendeu a Luis Bolíbar Massó a herdade denominada Lagoas, na aldea de Menduíña na data de 5 de xullo de 1924. Dona Blanca e os fillos viviron na compaña de Manuel Montes Vilaboa, fillo de Enrique Montes Rodríguez, natural de Celanova e de Juana Vilaboa Villar. Manuel Montes foi xerente da fábrica de conservas de Ameixide en Pinténs, casou con Carmen González Mandado, filla do médico Juan González Fontano e de Carmen Mandado Tato, fillo mencionado matrimonio de Enrique e Blanca. Carmen era a nai dos homenaxeados neste artigo e herdeira da vivenda coñecida entre a veciñanza como «a casa de doña Blanca» ou «casa dos de Montes» de Aldán.

Gaspar White Cumming.

Gaspar White Cumming. / Arquivo do autor

Eran persoas progresistas e moi afincadas na saída de excursións na contorna da provincia de Pontevedra. Blanca vendeu en 1935 a fábrica de Xestadelo na Espiñeira, tamén coñecido como «almacén dos Mandado», xunto con Blanca González Echevarría, Petronila Bouzón Figueroa, Enrique e Carmen González Mandado. Blanca finou en Pinténs (Ameixide) pois na mencionada fábrica tiñan vivenda inclusa. A partida de defunción do Rexistro Civil de Cangas acredita que aconteceu o 4 de maio de 1936, á idade de 83 anos. Entendemos que os fillos Graciano e María finaron en Cuba antes desta data. Foi soterrada en Aldán ao día seguinte segundo podemos ler: «...Blanca Tato y Tato de ochenta y tres años natural de Matanzas, Ysla de Cuba provincia del mismo nombre hija de D. Agustín y de Dª Carmen domiciliada en Hío, lugar de Pinténs….de profesión á labores, estado, viúda de D. Enrique Mandado Bermúdez de cuyo matrimonio le quedó un hijo llamado D. Enrique…».

*Investigador n

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents