Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A familia Tato

Mandado Tato: a unión de dúas sagas burguesas con pasado en Aldán (II)

Xa no estado de viúvo, Enrique Mandado Bermúdez, como fillo maior de Nicolás, debeu acompañalo en varias viaxes a Cuba. Damos por feito que nestas viaxes namorou en Cuba con Blanca Tato Tato.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Anxo Coya*

Cangas

Os fíos que nos levan a escribir sobre a familia Tato proceden do expediente de orfandade dos fillos de María del Carmen Tato Julián como viúva de don Agustín María Ramón Tato Acosta (tamén aparece nos documentos como da Costa). Agustín era fillo de Benito Tato e de María Acosta, veciños de San Fiz de Solovio en Santiago de Compostela e foi bautizado o 31 de agosto de 1802. Eran seus avós paternos Esteban e María Docampo e os maternos Miguel e María Benita Otero.

Foi o seu padriño don Agustín Varela Sanjurjo, viúvo e veciño da parroquia de Santa María do Sar. O 7 de febreiro de 1856, Agustín foi nomeado Oficial Primeiro Interventor da Administración Depositaria de rentas de Gíbara, en Cuba. Uníuse en matrimonio o 6 de outubro de 1852 con María del Carmen Tato natural de Puente de Don Gonzalo (hoxe Puente Genil), na provincia de Córdoba. Filla de don Benito Mauricio Tato natural de Santiago e de dona Andrea Julián Pérez oriúnda de Cevico de la Torre en Palencia. Fillos do matrimonio foron: Blanca Rosa Felicia de la Santísima Trinidad, María del Carmen Gumersinda de la Santísima Trinidad, María de las Mercedes Carmen Epifanía de la Santísima Trinidad e Elvira Tato Tato.

María del Carmen e Blanca Tato eran xemelgas e naceron en San Carlos de Matanzas (Cuba) o 7 de abril de 1853. María de las Mercedes naceu o 13 de xaneiro de 1854 e Elvira fíxoo o 6 de maio de 1857. Agustín finou o 30 de abril de 1858 polo que a súa esposa María del Carmen percibiría a partir do 2 de decembro de 1859 a pensión anual de viuvez aprobada pola “Junta Superior de Hacienda de la Isla de Cuba” de 250 pesos que veñen a ser 1250 pts. Súa filla Elvira finou en Vigo, á idade de tres anos, o 12 de outubro de 1860.

Segundas nupcias

Máis tarde a viúva de Agustín casou en segundas nupcias o 31 de xaneiro de 1861 con José Juan Freitas, natural de Nuevitas (Cuba), fillo de don José Manuel Freitas, natural de Puerto Príncipe e de dona María Jesús Bosque, oriúnda da citada localidade de Nuevitas. Destas segundas nupcias naceu Juana Amanda bautizada o 11 de setembro de 1861. A nena quedaría orfa cedo, pois súa nai foi soterrada o 17 de setembro de 1869 na igrexa parroquial de Ingreso San Juan Bautista de Pueblo, extrapontes de Matanzas, Cuba.

*Veciño do Hío

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents