Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Mandado Tato: a unión de dúas sagas burguesas con pasado en Aldán (I)

O veciño de O Hío e investigador Anxo Coya lembra nesta colaboración de tres capítulos a unión de dúas familias da burguesía de Aldán, a saga dos Mandado Tato, que tiveron un pasado na historia da parroquia, no eido do salgado de peixe.

Antiga fábrica de salgado ou almacén de Nicolás Mandado.

Antiga fábrica de salgado ou almacén de Nicolás Mandado. / Arquivo do autor

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

In memoriam, Manuel, María Jesús, María del Carmen, Ana Montes González e irmáns presentes.

A burguesía da parroquia de San Cibrán de Aldán no s.XIX estivo formada, entre outras, por varias familias relacionadas co eido do salgado do peixe. Sagas como os Curbera, Buet, Bolíbar, Fábregas, Barros (nativo desta parroquia) ou Mandado por exemplo, deixaron pegada no pasado aldanés. Cinguíndonos á saga dos Mandado diremos que a fábrica de salgado de Xestadelo pertenceu a don Nicolás Mandado Alfaya, fillo de Bernardo e de Rosa. Nicolás casou con María Gertrudis Bermúdez Docampo o 4 de outubro de 1845 (tamén aparece como Bermúdez Sotelo pero pensamos que se debe a un erro). Súa esposa era filla de Pedro e de Rosalía e nesta data, residía con Nicolás no Piñeiro aínda que posteriormente viviron en San Cibrán. Froito deste matrimonio (de Nicolás e María Gertrudis) naceron tres fillos: Enrique que naceu en 1846 ou 1847, Graciano e Constantino. Ademáis desta industria, tamén posuía una casa señorial con adobíos petrificados do estilo arquitectónico indiano, que destaca no barrio de San Cibrán, nas inmediacións da igrexa parroquial. Alí chegou a rexentar unha taberna. Temos constancia deste local no documento outorgado o 19 de xullo de 1854, no que asegura que «… pareció D. Nicolás Mandado natural y vecino de la parroquia de San ciprián de Aldán , municipalidad de Bueu y dijo: que en su casa propia que tiene en el lugar de San Cibrán junto á la Yglesia de dho (dicho) Aldán, había puesto un establecimiento de varios efectos y géneros de tienda que se despachaban al por menor como vino en taberna, y ofreciéndosele cierta urgencia se vió en la posición de vender todo ello en junto y por un ajuste alzado de dos mil reales a su madre María Rosa Alfaya viúda de la misma según por menor se consignó en contrato simple efectuado el primero de junio último ante los testigos Lorenzo Balladares de la confinante Feligresía de San Andrés del hío, José Benito Galo Guardado y José Ramón González Vilela de esta villa…».

Casa señorial da familia Mondado. Ano 1909.

Casa señorial da familia Mondado. Ano 1909. / Arquivo do autor

As urxencias que indica o documento, refírense a que o industrial teña que desprazarse a Cuba, pois estaban relacionadas co comercio e a industria do salgado. A nai de Nicolás fíxose cargo do establecemento pola cantidade de 2000 reais, para elo aportou nunha primeira entrega 200 reais e rematou este pago o 5 de outubro de 1858 coa contía restante.

Referencia industrial do producto da fábrica de Nicolás Mandado.

Referencia industrial do producto da fábrica de Nicolás Mandado. / Arquivo do autor

Nicolás aparece nos documentos como «propietario» ou «hacendado», era un home de forte carácter e reclamante do seu. Demandou a dúas das súas cuñadas, irmáns de María Gertrudis. Tamén sabemos que o 15 de agosto de 1854 ante o notario José Manuel García dá poder ao procurador Prudencio Dios para reclamar os 2500 reais que o veciño de Bueu José Benito Gestido, pai de Manuel e ausente en Cuba, debía devolver ante a ausencia do seu fillo. O 27 de marzo de 1857, ante o notario Manuel Rodal, Nicolás insiste no caso co procurarador José González Barba para solventar a mesma débeda.

Padrón de Nicolás Mandado no Pileiro de Aldán en 1845.

Padrón de Nicolás Mandado no Piñeiro de Aldán en 1845. / Arquivo do autor

O 30 de decembro de 1859, ante o notario Juan Antonio Carrera, Nicolás e Juan Lavandeira asinan un convenio sobre a cesión dos importes de Contribución de Consumos do distrito de Cangas no que o Mandado quedaría apartado de pagos e responsabilidades. O 2 de outubro de 1862 Nicolás e súa esposa fan testamento ante Manuel Rodal. O 12 de febrero de 1875 ante o notario Manuel Martínez González, á idade de 58 anos, dá poder aos seus fillos Enrique, casado, Graciano, de 20 anos, e Constantino, de 16 anos, para que poidan asinar e solucionar calquera trámite relacionado coa industria de salgado na súa referida fábrica. Don Enrique Mandado casou con dona Carmen Novoa Fernández, filla de don Faustino e de dona Teresa, naturais da vila do Porriño e finada o 5 de Marzo de 1875. n

TEMAS

Tracking Pixel Contents