Ensino
Premio a «Trebellos con voz», a viaxe ao pasado do IES Illa de Ons de Bueu
O proxecto do instituto, que é un percorrido pola tecnoloxía existente no ano 1998, coincidindo coa súa data de apertura, vén de ser distinguido Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
O proxecto «Trebellos con voz» do IES Illa de Ons é unha das cinco iniciativas distinguidas pola Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa dentro dos Premios de Proxectos de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística.
Esta actividade consistía nunha especie de viaxe ao pasado, en concreto ata o ano 1998, que foi cando este instituto de Bueu empezou a funcionar. O obxectivo é mostrar a tecnoloxía que se empregaba naquela época, que resulta descoñecida e ata sorprendente para os máis novos. Por exemplo, os boletíns de notas cumplimentábanse con bolígrafo, non había teléfonos móbiles con acceso a internet e as fotos facíanse mediante carretes que logo había que revelar. Nese ano 1998 en California fundábase o que naquel momento era unha pequena empresa: o seu nombre é Google e hoxe é un dos xigantes tecnolóxicos.
Este proxecto foi creado e dirixido polo Equipo de Dinamización de Lingua Galega, Polos Creativos, a biblioteca escolar e desenvolve un programa de actividades en diferentes materias educativas. Esta iniciativa pretende mostrar que a lingua galega é unha ferramenta de comunicación moderna e válida no mundo das tecnoloxías da información e comunicación, as denominadas TIC. «A integración do galego nas TIC constitúe unha estratexia eficaz para achegar a lingua á realidade do alumnado e garantir a súa presenza nos novos escenarios de comunicación do século XXI», explican desde o IES Illa de Ons.
A dirección do instituto bueués suliña que a implicación do profesorado, das familias e doutros membros da comunidade educativa resultou un elemento clave para o éxito e o recoñecemento deste proxecto de «Trebellos con voz», que permitiu ampliar os espazos de uso da lingua máis alá da aula e reforzando a súa presenza na vida cotiá do alumnado. Unha iniciativa que ademais promove o traballo cooperativo entre estudantes de diferentes idades e a aprendizaxe entre iguais.
Suscríbete para seguir leyendo
- Aparece, en perfecto estado, la joven que la Policía de Moaña buscaba desde la noche del martes
- La Xunta acelera, con varios camiones, la mudanza de la Casa do Mar al nuevo centro de salud de Moaña que abre sus puertas el lunes
- Buscan a una joven de 19 años de Moaña desaparecida desde el martes
- Una mujer de Vilanova de Arousa busca en Cangas a la familia de la hija que su abuelo tuvo fuera del matrimonio
- Un hombre de 76 años fallece de un infarto mientras paseaba por el centro de Bueu
- Voluntarios retiran más 600 kilos de residuos de los fondos marinos en la playa de Pescadoira y en la Illa de Ons
- El vino moañés «Raigames» se alza con otra medalla y lograr el Oro en Bruselas
- La basura de la «casa Diógenes» en la que falleció una mujer de Moaña inunda el patio de una vecina hasta la ventana
