Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Música

O pianista cangués de jazz Xan Campos gaña o Premio Martín Códax co seu disco "Amorodios"

O músico cangués recibiu o galardón de mans de James Rhodes na gala celebrada este mércores no Pazo da Cultura de Pontevedra

A xira de presentación do álbum incluirá un concerto no Jazzaldia de Donostia, o festival de jazz máis antigo do Estado

O pianista cangués Xan Campos, e ao seu lado o músico James Rhodes, co seu Premio Martín Códaxa na categoría de jazz e músicas improvisadas polo seu disco «Amorodios».

O pianista cangués Xan Campos, e ao seu lado o músico James Rhodes, co seu Premio Martín Códaxa na categoría de jazz e músicas improvisadas polo seu disco «Amorodios». / Premios Martín Códax

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Cangas

O pianista cangués Xan Campos vén de gañar o Premio Martín Códax da Música na categoría de jazz co seu novo disco, «Amorodios». Un galardón que recolleu de mans dun dos grandes nomes do piano a nivel internacional: James Rhodes. A gala celebrouse este mércores no Pazo da Cultura de Pontevedra e este recoñecemento supón un dobre premio para Cangas xa que un dos músicos que acompaña a Xan Campos neste proxecto é o baterista cangués Iago Fernández.

Os Premios Martín Códax da Música acadan a súa decimoterceira edición, con preto de 60 artistas e proxectos musicais seleccionados como finalistas nunha quincena de categorías que abranguen todos os estilos musicais. Un palmarés que tamén inclúe os Premios Organistrum no eidos de comunicación e difusión musical, festivais e salas de concertos.

Na categoría de jazz e músicas improvisadas os finalistas eran María Toro, Manuel Cebrián-Punctum e o propio Xan Campos co seu disco «Amorodios». Un proxecto que conta coa voz de Faia Díaz (De Vacas) e co guitarrista Virxilio da Silva. O xurado distinguiu a calidade artística dun proxecto que afonda «nun jazz contemporáneo aberto, creativo e trangresor, combinando improvisación, risco e identidade propia».

A foto de familia con todos os galardoados nos Premios Martín Códax da Música, este mércores no Pazo da Cultura de Pontevedra.

A foto de familia con todos os galardoados nos Premios Martín Códax da Música, este mércores no Pazo da Cultura de Pontevedra. / Premios Martín Códax

Este recoñecemento é a confirmación do excelente momento creativo do jazz galego e reforza o papel de Cangas como un dos focos máis activos no eido da música contemporánea.

A xira de presentación deste novo disco proseguirá nos vindeiros meses, incluíndo unha parada destacada: o cuarteto de Xan Campos é un dos convidados na 61 edición do Jazzaldia de Donostia-San Sebastián. Trátase do festival de jazz máis antigo do Estado e é unha das grandes citas europeas deste xénero, na que o pianista cangués compartirá cartel con algunhas das principais figuras internacionais do jazz.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents