Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Letras Galegas 2026

Folclore, madeira, poesía e música urbana no gran día da lingua propia

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
O Morrazo

O Morrazo foi un fervedoiro de eventos culturais ao longo de toda a fin de semana co gallo das Letras Galegas. Neste domingo, o día propio, sucedéronse os actos culturais, aproveitando o bo tempo. En Cangas o Espazo Agustín Bastón abriu ao públio unha nova edición da Biblioteca das Madeiras do Mundo. Nesta ocasión chega ás 330 pezas feitas en forma de libros. Trátase de libros que saen de troncos de árbores que o artista vai reunindo e que son intervidas por distintas personas sensibilizadas coa arte. A mostra enriquécese este ano con madeiras do Xardín Botánico Juan Carlos I de Alcalá de Heneres.

Público admirando os libros en madeira, en Cangas. | GONZALO NÚÑEZ

Público admirando os libros en madeira, en Cangas. | GONZALO NÚÑEZ

En Moaña a noite do sábado encheu de folclore o adro da Capela dos Milagres, en Berducedo. Alí puidose escoitar música tradicional e tamén se gozou de danzas populares. Actuaron os grupos Gaiteiros de Moaña, Breogán, Solaina, Charaviscas, Cantareiras Arco da Vella, Meiramar-Axóuxeres, Salgharitas e Son de Nós.

Danzas tradicionais no Festival das Letras de Domaio. | FDV

Danzas tradicionais no Festival das Letras de Domaio. | FDV

Xa de madrugada, no Alto da Praza de Abastos o festival Ritual encheu o espazo de música urbana na honra das letras galegas. Actuaron artistas emerxentes da música urbana galega como Silee, Lil Sam ou Xian Pais, así como os Djs Carlos Trini e Dj Rapante.

O folclore tomou o atrio da Capela dos Milagres en Berducedo. | FDV

O folclore tomou o atrio da Capela dos Milagres en Berducedo. | FDV

Xa en pleno domingo a programación en Moaña contou con música vocal e folclocre. No primeiro apartado, no Alto da Praza, celebrouse a segunda xornada do Festival de Coros Letras Galegas, organizado por Orfeón Moaña. Actuaron os integrantes do Coro Nisa Señora do Carme de Moaña, do Coro Ondas da Ría, da Masa Coral Moañesa, do Coro Crescendo, do Coro San Pedro de Domaio e de Lembranzas Moañesas. En dous días consecutivos pasaron polo espazo todas as corais formadas na vila.En Domaio, pola súa banda, a agrupación folclórica Charaviscas organizou un festival, con música, baile e teatro das propias integrantes de Charaviscas. Tamén actuou o grupo de pandereteiras Ardora.

Danzas populares en Berducedo. | FDV

Danzas populares en Berducedo. | FDV

En Cangas , ao mediodía, a praza do Concello acolleu un recital poético na honra de Begoña Caamaño, organizado pola Xeración do Sentir e o Ateneo Areas Gordas.

Festival Ritual, de música urbana, en Moaña. | IRIA FRANCISCO RÍOS/DIZ ESTUDIO

Festival Ritual, de música urbana, en Moaña. | IRIA FRANCISCO RÍOS/DIZ ESTUDIO

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents