Letras Galegas 2026
Cultura e romaría da man no Sanamedio e en Darbo
As Letras Galegas tamén teñen as súas romarías no Morrazo. No lugar do Sanamedio, en Bueu, van xa 25 anos de festa ao redor da cultura. Unha iniciativa a que tamén se suma o adro de Darbo, en Cangas.
O Día das Letras Galegas converteuse nunha excelente ocasión para xuntar cultura e festa ao redor dunha das tradicións máis senlleiras de Galicia, as romarías. En O Sanamedio –que este ano estrea a modificación no topónimo aprobada pola Real Academia Galega– xa van por 25 edicións dunha festa que se celebra nun dos epicentros da tradición literaria e trobadoresca de Galicia. Hai ata tres cantigas do xograr Johan de Cangas (1250-1310), nos que aparece este lugar, nomeado como San Momed.
A romaría deste domingo contou cos música tradicional, xogos, poesía e, por suposto, unha barra e cantina posta pola Asociación Novos Ventros para poder xantar e pasar o día neste histórico lugar.
A esta tradición tamén se uniu nos últimos anos a Asociación Cultural Peis d’Hos, que organiza a súa Romaría do 17 no adro de Darbo, outro lugar vencellado á tradición romeira. Unha xornada cun espectáculo infantil, sesión vermú, concertos e unha barra con comida e bebida para festexar o día grande das nosas letras. Por mil primaveras máis! n
Suscríbete para seguir leyendo
- Aparece, en perfecto estado, la joven que la Policía de Moaña buscaba desde la noche del martes
- La Xunta acelera, con varios camiones, la mudanza de la Casa do Mar al nuevo centro de salud de Moaña que abre sus puertas el lunes
- Buscan a una joven de 19 años de Moaña desaparecida desde el martes
- Una mujer de Vilanova de Arousa busca en Cangas a la familia de la hija que su abuelo tuvo fuera del matrimonio
- Un hombre de 76 años fallece de un infarto mientras paseaba por el centro de Bueu
- Voluntarios retiran más 600 kilos de residuos de los fondos marinos en la playa de Pescadoira y en la Illa de Ons
- El vino moañés «Raigames» se alza con otra medalla y lograr el Oro en Bruselas
- La basura de la «casa Diógenes» en la que falleció una mujer de Moaña inunda el patio de una vecina hasta la ventana
