Letras Galegas 2026 | María Jesús Torres Estarque Premio Xohan de Cangas ó Labor Cultural
María Jesús Torres: «Neste premio non vou soa; son resultado dun grupo de traballo»
A directora do Conservatorio e Escola de Música de Cangas recollera este domingo o Premio Xohan de Cangas ó Labor Cultural

María Jesús Torres (Gondomar, 1961) no Conservatorio de Cangas. / Santos Álvarez
O Concello de Cangas recoñece a traxectoria desta gondomareña co Premio Xohan de Cangas ó Labor Cultural pola súa entrega durante case 40 anos aó fronte do Conservatorio, no que empezou a traballar como docente de piano en 1986, e depois tamén da Escola de Música. María Jesús Torres, directora do Conservatorio desde 1995, axudou a difundir a cultura musical nun amplo sector da poboación de Cangas e do resto da bisbarra do Morrazo. Unha dedicación máis alá das obrigas como profesional.
-Que balance faría de todos estos anos no Conservatorio?
-Moi satisfactoria e enriquecedora porque é proporcionarlles aos nenos a oportunidade de ter contacto cun instrumento musical, algúns dos cales chegaron a converterse en músicos profesionais.
-É realmente Cangas un pobo cunha grande paixón pola música, Cangas móvese pola música?
-En Cangas existe unha inmensa tradición musical, en diferentes tipos de música: jazz, folk, banda de música, corais… que levan a cabo unha actividade constante ao longo de todo o ano.
-Coma era musicalmente falando aquela Cangas que topou ao chegar ao Conservatorio da vila no ano 1986?
-Naquel tempo xa había coros, bandas, grupos de música tradicional, etc… A diferenza máis notable sería que naquel tempo non se podía estudar nada en Cangas máis que linguaxe musical e piano. Para o resto das especialidades ou para estudar o grao profesional había que ir a Vigo.
-Que lle supón este premio?
-Estou moi agradecida de ser unha das galardoadas nesta edición dos Premios da Cultura de Cangas. Non obstante, creo que o premio é máis ben para a institución á que represento e para todo o equipo de traballadores que me rodean sen os cales este proxecto non sería posible. Soa non vou. Son o resultado dun grupo de traballo.
-Entre os seus alumnos cóntase con Xan Campos, Rodrigo Portela, Úrsula Casás ou José Pumar. Imaxino que síntese orgullosa.
-Absolutamente, por suposto. É un motivo de orgullo para calquera profesor ver como os estudantes teñen éxito e se dedican á música profesionalmente, sen menosprezar a importancia daqueles que, mesmo sen tocar o piano profesionalmente, o consideran significativo nas súas vidas.
-Pronto xubilarase. Marchará coa satisfación do deber cumprido?
-Si. Sempre quedan cousas sen facer, proxectos por facer, proxectos por continuar, pero síntome moi satisfeita coa miña traxectoria profesional.
-Se ten que escoller un instrumento do Conservatorio, imaxino que, como pianista, elexiría o piano. É así?
-Por suposto. O piano é o meu instrumento e téñolle moito aprecio, pero todos os instrumentos teñen o seu encanto. Por exemplo, un dos instrumentos que me encantaría tocar é a gaita ou o acordeón. Aproveitarei a miña xubilación para rañar por fin esa comezón.
Suscríbete para seguir leyendo
- La Xunta acelera, con varios camiones, la mudanza de la Casa do Mar al nuevo centro de salud de Moaña que abre sus puertas el lunes
- Aparece, en perfecto estado, la joven que la Policía de Moaña buscaba desde la noche del martes
- Buscan a una joven de 19 años de Moaña desaparecida desde el martes
- Una mujer de Vilanova de Arousa busca en Cangas a la familia de la hija que su abuelo tuvo fuera del matrimonio
- Huida temeraria en Moaña: un conductor circula por dirección prohibida a más de 110 km/h para evitar un control e intenta sacar de la carretera a la Policía Local
- Cangas se opone a los dos campamentos de turismo en O Hío, respalda las alegaciones vecinales y tiene constancia de un tercer proyecto
- Un mercado artesanal y de proximidad en Cangas donde la buena compra está asegurada
- Los topógrafos gallegos se citan en Aldán para ver 'más allá de las olas