Música
"Orballo", o novo tema de Silee, o artista de Bueu entre os 50 máis virais en España
O cantante publica un novo adianto do seu próximo traballo discográfico, despois de presentar xa "Milajros de Amil", que vai camiño do medio millón de reproducións en Spotify, e "Bruxa curuxa".

Un momento do videoclip de Silee para o seu novo tema, "Orballo", que foi gravado entre Bueu e Aldán. / Silee
Despois de “Milajros de Amil” e de “Bruxa curuxa” chega “Orballo”. É a nova canción do músico e artista de Bueu Silee, que se está a convertir nun dos fenómenos da música urbana. “Milajros de Amil” suma máis de 390.000 reproducións na plataforma Spotify, o que a sitúa no posto 18 das 50 cancións máis virais en España.
Este venres vén de publicar “Orballo”, un tema no que na súa letra hai referencias a ese éxito –“Fixen unha canción que se peghou pola Galicia enteira”- e as “bruxas curuxas”. Esta nova canción do artista de Bueu ten ecos de cumbia e expón os seus medos e amosa perseverancia ata chegar o momento actual, no que o recoñecemento chama a súa porta. “Seguimos dando o callo/ con moitas merdas e moito traballo./ Vamos despacio, non queremos fallos/ da igual sol, vento ou orballo”, canta nun momento de “Orballo”, que vén xunto a un novo videoclip. Un vídeo dirixido por el mesmo e gravado en Bueu e Aldán por Ángela Gestido, Christian Arcos e o propio Silee, que quere traballar tanto na parte musical como visual do seu traballo.
Esta composición está pensada para todas as persoas que apoiaron a carreira de Silee desde os seus comezos. A canción propón pararse por un intre, escoitar e atender ao que canta e sinte o artista, que se abre para contar todo o que está vivindo nos últimos tempos e “deixar un pouso de quen tivo un soño, mantuvo as ganas e nunca parou ata acadalo”, tal como explican desde a súa axencia de representación, a tamén empresa de Bueu PlayPlan. Unha canción autoproducida por Silee e que nace da necesidade de construir unha cumbia empregando para a súa base un garfo e un prato e xogando con sintetizadores.

A portada do novo single de Silee, "Orballo". / Silee
“Orballo” é o terceiro adianto do seu próximo traballo discográfico. Con “Milajros de Amil”, que foi o primeiro avance, vai xa camiño do medio millón de reproducións e o tema vén de entrar na última semana entre as 50 cancións máis virais de España en Spotify. Unha lista na que xunto a Silee hai artistas como Quevedo, Olivia Rodrigo, The Chemical Brothers ou Michael Jackson. De feito, o de Bueu é o terceiro artista que é capaz de entrar nesta lista no que vai de ano cun tema en galego, despois de LG1DO e The Rapants.
“Foi bastante tolo. Ver outra canción en galego entre as máis virais, tras xente como LG1DO, un dos proxectos que máis me gustan na actualidade, é todo un orgullo. Orgullo por ver onde está a música en galego na actualidade. Cústame pensar no presente porque teño a vista posta no futuro e en traballar para superar o feito ata agora, pero non dou asimilado todo o que está a pasar arredor de ‘Milajros de Amil’”, reflexiona o artista de Bueu ao fío deste novo lanzamento.
Suscríbete para seguir leyendo
- La Xunta acelera, con varios camiones, la mudanza de la Casa do Mar al nuevo centro de salud de Moaña que abre sus puertas el lunes
- Aparece, en perfecto estado, la joven que la Policía de Moaña buscaba desde la noche del martes
- Buscan a una joven de 19 años de Moaña desaparecida desde el martes
- Una mujer de Vilanova de Arousa busca en Cangas a la familia de la hija que su abuelo tuvo fuera del matrimonio
- Huida temeraria en Moaña: un conductor circula por dirección prohibida a más de 110 km/h para evitar un control e intenta sacar de la carretera a la Policía Local
- Cangas se opone a los dos campamentos de turismo en O Hío, respalda las alegaciones vecinales y tiene constancia de un tercer proyecto
- Un mercado artesanal y de proximidad en Cangas donde la buena compra está asegurada
- Los topógrafos gallegos se citan en Aldán para ver 'más allá de las olas