Cultura
A Biblioteca das Madeiras do Mundo de Agustín Bastón, en Cangas, medra co Xardín Botánico de Alcalá
O Espazo Agustín Bastón de Cangas abre este domingo das Letras Galegas unha nova exposición da Biblioteca das Madeiras do Mundo. O artista logra superar a barreira dos 300 «libros» ou pezas de madeira coas aportacións das podas do Real Xardín Botánico de Alcalá e da xiloteca de Manuel Soler doada á institución.

Julio Santos Álvarez
Medra e medra e con calidade. A exposición da Biblioteca das Madeiras do Mundo, que creou Agustín Bastón fai once anos no seu espazo xunto ó aserradeiro familiar da avenida de Ourense en Cangas, chega nesta edición ás 330 pezas feitas en forma de libros e superando con creces a barreira dos 300 que se propuxera na anterior edición . Son libros que saen de trozos de madeira de troncos de árbores que o artista vai reunindo, como unha adición por atopar a máis remota do mundo, e que son intervidas polos artistas ou personas sensibilizadas coa arte que Bastón coñece. A exposición deste ano inaugurase este domingo, coma sempre, no Día das Letras Galegas, as 11:30 e poderá visitarse hasta o 14 de xuño.
Nesta edición, a Biblioteca enriquécese con madeiras do Xardín Botánico Juan Carlos I de Alcalá de Henares nunha colaboración que logrou Agustín Bastón con esa tenacidade súa que fai sempre que viaxe no coche cun serrucho no maletero. En outubro do ano pasado, Bastón remitiu correos a xardíns botánicos para pedirlles colaboración e recibir as podas que fixeran de madeiras que non ten na Biblioteca de Cangas. Pronto recibiu a resposta do director do Botánico de Alcalá, Manuel Peinado, e Bastón viaxou a primeiros de novembro á vila de Cervantes cunha mostra dos seus libros. A colaboración estaba comprometida. En marzo, o cangués recibiu a chamada de que había podas para él e para alá se foi en coche. Trouxo vinte madeiras diferentes que non tiña en Cangas, algunhas de edificios históricos da cidade, as tallou e foron intervidas artísticamente por autores. Foi o caso dun palmito procedente do Palacio de Laredo intervido polo pintor e escultor Xan Bieito, inspirado en La Gitanilla de Cervantes. Tamén reuniu unha madeira de phoenix canariensis dun antigo convento de Capuchinos que o Botánico salvou da tala e transplantou na institución. A peza está intervida pola artista viguesa Iris Troiteiro.
Deste Xardín Botánico vanse exponer 12 pezas ou libros que xa forman parte da Biblioteca. Pero ademáis, a exposición deste ano terá un rincón especial adicado en homenaxe a Manuel Soler, xa falecido, que tiña a maior xiloteca privada de España en Denia, con máis de 4.200 madeiras. Soler pasou toda a súa vida navegando e ao xubilarse comezó a coleccionar madeiras. A súa vida cóntoulla na película «Un mar de maderas». Bastón coñeceuno na feira Fimma Maderaira en Valencia e entablaron amizade.

Agustín Bastón cun dos encargados do Xardín Botánico de Alcalá de Henares, en Madrid. / Fdv
A última vez víronse na feira Lignorum no Matadero en Madrid na que Bastón fora seleccionado cun moble polo Instituto de Ensinanzas Artísticas ( IDAE) e quedaron en verse en Denia. Pero Soler morreu anos despois e os seus fillos doaron a xiloteca á Universidade de Alcalá e no Botánico replicaron a cabaña que él tiña en Denia para albergar as madeiras. A cabaña é visitable e a universidade está facendo un estudo fotográfico e xenético das madeiras. Bastón pudo traer para Cangas 37 madeiras repetidas de Soler que ten talladas para esta exposición nunha homenaxe a este coleccionista que como capitán repetía que os mellores mariñeiros a bordo eran os galegos. E así o tallou Bastón nos mini libros xunto a outras frases coma «El árbol es un ser vivo que piensa» o «Maderas, maderas y maderas. Ya está».
Na exposición hay intervencións de Brañas en Betula Sp, de Antonio Chaves en madera de cotoneaster pendular, de Brenda Novas nunha de secuoiadendrón xigante, de Fernanda Vilas nun liquidambar stiraciflua o de Acácio Viegas nunha passiflora terminiana, entre unha relación que sigue con Belén Padrón, Estela Ivrovcic, Manoli Velasco, Luis Cruz Hernández, Aila González, Alba Iglesias, Mónica Taboada, Raquel Bermúdez, Xoel Atunes, Ana Seoane, Jorge Morais, Mafalda de Castro, Olga Bernardo, Manuel Álvarez, Martin Holima o Nettie Burnet., entre outros máis.
Suscríbete para seguir leyendo
- La Xunta acelera, con varios camiones, la mudanza de la Casa do Mar al nuevo centro de salud de Moaña que abre sus puertas el lunes
- Aparece, en perfecto estado, la joven que la Policía de Moaña buscaba desde la noche del martes
- Buscan a una joven de 19 años de Moaña desaparecida desde el martes
- Una mujer de Vilanova de Arousa busca en Cangas a la familia de la hija que su abuelo tuvo fuera del matrimonio
- Huida temeraria en Moaña: un conductor circula por dirección prohibida a más de 110 km/h para evitar un control e intenta sacar de la carretera a la Policía Local
- Cangas se opone a los dos campamentos de turismo en O Hío, respalda las alegaciones vecinales y tiene constancia de un tercer proyecto
- Un mercado artesanal y de proximidad en Cangas donde la buena compra está asegurada
- Los topógrafos gallegos se citan en Aldán para ver 'más allá de las olas
