Tribuna Libre
Coa verdade por diante
Euloxio López Gutiérrez*
A información de que un alcalde do noso pobo foi un criminal que ordeou o fusilamento de máis de 50 persoas polo único motivo de non pensar como el, trae de cabeza ó Goberno Municipal e merece unha reflexión pousada e serea que teña como obxectivo coñecer a realidade vivida e o coste humano que tivo para que sirva de antídoto contra toda guerra e as súas cconsecuencias. Só coñecendo a magnitude do dano se pode valorar o que supón non sufrilo. As novas xeracións deben saber que a democracia non estaba aí, que costpu vidas de familiares ou veciños e que non é un estado permanente, que pode reverter se non o cuidamos.
O Pacto de Silencio de 1.975 das élites políticas crearon unha sociedade aseptica, neutral. Falar de política estaba mal visto. Ata a LOXSE de 1.990 nos textos escolares non apareceu a palabra “dictadura” e foi coa Lei da Memoria Histórica no 2.007 cando se normalizou? na sociedade. Ó evitar termos como “ Dictadura”, Golpe de Estado”, Guerra Civil”, “Represión”… transmitimos a idea de que a Democracia xa estaba aí,, foi algo natural, non foi unha conquista da sociedade, o que reduciu a súa valoración. O non xestionar o pasado de forma transparente( falta de voto, censura, represión,exilios, cárceres, fusilamentos...deixou á xuventude sen coñecer a historia real e sen un referente para comparar. Basta pois de esconder a realidade. Ocultar a foto dun criminal é ocultar a verdade e provocar o olvido expoñendonos a que se repita. Esa foto debe ser como unha vacina contra a intolerancia, o odio e violencia verbal que está reaparecendo na sociedade conscientes ademais de que logo da violencia verbal ven a acción e con ela os danos irreparables.
Facer desaparecer a foto supón borrar a imaxe do asasino pero tamén o recordatorio do crime. Manter en branco o lugar é crear amnesia na sociedade sabendo que a ignorancia é o caldo de cultivo das tiranías. É deixar un oco que pode encherse de mentiras.
Manter o foto dun asasino na Casa do Pobo é unha deshonra para a Institución, un insulto ás víctimas e un desprezo para os que comparten foto que con maior ou menor acerto serviron ó pobo pero non o atacaron.
Caberían pois dúas opcións: Manter a foto, pero acompañada dun texto documentado que explique o seu papel na represión ou deixar en branco o lugar explicando nel porqué non se pon a foto.
*Exalcalde do Concello de Cangas
Suscríbete para seguir leyendo
- El cuerpo momificado hallado en Monteferro corresponde al de un vecino de Cangas
- Una vecina de Aldán regala a la reina Letizia una mantilla artesanal durante el Día de las Fuerzas Armadas en Vigo
- El Concello de Cangas coloca grandes piedras en la zona de playas para impedir el aparcamiento de turismos y autocaravanas
- Música y memoria por los 100 años del palco
- Localizan sin vida al pescador deportivo de 50 años desaparecido en Cabo Udra, en Bueu
- Un pescador muere en Udra y encuentran en Baiona el cuerpo del bañista desaparecido en Barra
- Retoman la búsqueda del vecino de Vigo desaparecido en la playa de Barra (Cangas) y se incorporan drones y nuevos medios al operativo de rescate
- Los alumnos de O Morrazo, 'desconcertados' con la cantante Rosalía y con el error en la pregunta de Historia