Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Máis de mil rapaces no Correlingua en Moaña pola defensa e a revolución do galego

O alumnado de 14 centros educativos da comarca percorreu a pé o tramo entre a Xunqueira ata o palco da música, onde disfrutaron do concerto de Mekanika Rolling Band

O alumnado de 14 centros educativos da comarca participan no Correlingua de Moaña

Gonzalo Núñez

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Moaña

O sol acompañou na mañá deste xoves a terceira das Festas da 26ª edición do Correlingua de Galicia, que se celebrou en Moaña e que contou coa participación dun millar de nenos e nenas de centros educativos da localidade, de Bueu e de Cangas, dispostos a moverse pola reivindicación do uso do galego e tamén disfrutar coa música de Mekanika Rolling Band.

Na festa estaba prevista a participación dos centros de Moaña CEIP de Domaio, Seara, Tirán, Reibón, Quintela e escolas infantiles de O Con e Verducedo; os de Bueu CEIP A Pedra e Montemogos e Colexio Virxe Milagrosa e os de Cangas: San Roque, O Hío y Espiñeira (Aldán).

Os nenos percorreron a pé o tramo desde A Xunqueira ata o palco da música do paseo, onde co galego no corazón chegou a hora da revolución, o lema do Correlingua, coa lectura do manifesto, a cargo de Mónica Iglesias, da Organización Nacional de Cegos (ONCE) e os alumnos e alumnas dos IES A Paralaia, Lucía Ferradás del Sapio e Ancor Montalvo Peña e dos IES As Barxas, Nora Pérez Fervenza e Noela Portela Sequeiros. A concelleira de Ensino de Moaña, Dolores Chapela, confirma que quiseron unha actividade inclusiva coa presenza da ONCE.

O Correlingua está organizado pola CIG-Ensino, coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio pedagóxica Galega (AS-PG).

Rapaces durante o percorrido entre A Xunqueira ata o palco de música.

Rapaces durante o percorrido entre A Xunqueira ata o palco de música. / Gonzalo Núñez

«Chegou a hora da revolución! E é cousa nosa. Das mozas e mozos que saímos ás rúas para defender a lingua con amor e intelixencia.  Chegou a hora! Porque…co galego no corazón, facemos revolución Unha revolución que é nosa porque somos presente e futuro da lingua. Porque queremos ser diversidade, empatía e respecto.Porque nos preocupamos pola nosa cultura. Polo noso legado. Polo noso territorio. Pola nosa educación.  Porque non permitiremos que ningunha lingua deixe de latir. E menos aquela que nos fai galegas e galegos.  Aquela que fala de onde vimos e a onde queremos chegar. E ti tamén podes unirte á esta revolta. E dicir sen vergoña: co galego no corazón, facemos revolución».

O manifesto é o resultado dos obradoiros Desata a lingua celebrados no 2025, nos que participaron alumnas e alumnos do IES Antón Fraguas  (Santiago), CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas), IES Xermán Ancochea Quevedo (A Pobra de Trives), IES Sanxillao (Lugo), IES do Camiño (Palas de Rei), IES de Ribadeo Dionisio Gamallo (Ribadeo), IES Eduardo Pondal (Ponteceso), IES Isidro Parga Pondal (Carballo), IES do Milladorio (O Milladoiro), IES Rosalía de Castro (Santiago), CPI de Mosteiro (Meis), IES Alfonso X O Sabio (Cambre), IES Xograr Afonso Gómez (Sarria). Os obradoiros foron impartidos polas escritoras María Lado, Lucía Aldao e Antía Yañez.

Os nenos rematron no palco cun manifesto co galego pegado na alma: «Ti que non o falas todos os días, pero sabes falalo. Ti, que o levas pegado na alma. Ti, que o falas pero non en todos os sitios.Ti, que queres aprendelo porque ves o mundo dende a curiosidade. Ti, que aínda non sabes que unha lingua pode medrar no teu peito. Ti, que non tes prexuízos. Ti, que rompes cos prexuizos.Ti… podes ser o futuro.E berrar ben forte, para que todo o mundo escoite: co galego no corazón, facemos revolución. E tamén vós, que coidades, ensinades, decidides e informades. Vós, que abrazades e transmitides. Que podiades pasar, pero non pasades. Que vos preocupades polo noso porvir. Tamén vós podedes unirvos a esta marcha imparable, necesaria e xusta.E podedes falar para que ningunha lingua quede muda. Para que se escoite ben lonxe que: co galego no corazón, facemos revolución Pois a revolta máis poderosa é a que nos fai ser nós. E co galego no corazón, facemos revolución». 

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents