Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Letras Galegas

Moaña presenta unha programación con djs e música urbana en galego

O alto da praza de abastos acolle o festival Ritual e a estrea de «O circulo das ausencias»

Membros do goberno e colectivos na presentación da programación das Letras Galegas.

Membros do goberno e colectivos na presentación da programación das Letras Galegas. / Gonzalo Núñez

Moaña

Moaña quere festexar por todo o alto o mes das Letras Galegas e onte a concelleira de Cultura, Coral Ríos, xunto a membros do goberno, coa presenza da alcaldesa, Leticia Santos, e colectivos participantes, presentaron a programación das Letras Galegas, que este ano homenaxea a escritora viguesa Begoña Caamaño.

A programación arrinca este domingo 10 coa XXI Feira Ecoartesá de Primaveira no contorno do palco da música, con obradoiros e postosde feira todo o día e actuacións de Charaviscas, Brais das Hortas e Algo pasa con Mery.

O xoves 14 no alto da praza de abastos celébrase o concerto de Uxía «Cancións Begoñísimas», un concerto en formato trío de voz, guitarra e acordeón. Ten un repertorio especial composto por Uxía (voz) para Begoña Caamaño, con Rafa Otero (guitarra) e Sabela Dacal (acordeón). Será ás 20:00 horas.

O venres 15, ás 18:00 no Centro Cultural Rosalía de Castro de Domaio hai programación de Rechouchío coa «A gran viaxe das letras até Begoña Caamaño» con A Xanela do Maxín. E as 20:00, a programación ofrece unha novidade baixo o título de «O círculo das ausencias». Trátase dun estreno da Escola de Música Tradicional de Moaña, drixida por Manuel Carballo, que terá lugar no espazo do alto da praza de abastos.

Coral Ríos manifesta que a programación non deixa de lado á mocidade e nesta ocasión prográmase o festival «Ritual» de música urbana en galego. Será tamén no alto da praza de abastos, na víspera do día propio das Letras, o sábado 16, ás 23:30 horas. Pouco antes, ás 21:00 horas, no adro dos Milagres se celebra «Serán das letras», coas actuacións de Gaiteiros de Moaña, Breogán, Solaina, Charaviscas, Cantareiras Arco da Vella, Meiramar Axóuxeres, Salgharitas e Son de Nós.

Nesta víspera das Letras e no alto da praza de abastos celébrase a primeira xornada do Festival de Coros Letras Galegas, ás 19:00 horas, que organiza Lembranzas Moañesas coas actuacións de Vento Mareiro, Cantareiras Arco da vella, Chorima, Coro Samertolaméu e Orfeón de Moaña. O domingo 17 será a segunda xornada do festival, organizada polo Coro Orfeón, coas actuacións dos coros Nosa Señora do Carme de Moaña, Ondas da Ría, Coral Moañesa, Coro Crescendo, San Pedro de Domaio e Lembranzas Moañesas. O domingo é o Festival Letras Galegas no Centro Rosalía de Castro de Domaio, organizado por Charaviscas, con música, baile e teatro.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents